Comerciantes galegos reclaman ao Goberno que regule os períodos de rebaixas

O presidente da Federación Galega de Comercio di que hai que modificar as tempadas porque "a climatoloxía está a cambiar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, volveu a reivindicar que se "regulen" os períodos de rebaixas e se eviten os "descontos" fóra de tempada.

Seijas participa este mércores nunha reunión en Madrid das federacións de todo o país, na que se pedirá ao Goberno central "a regulación das datas de rebaixas". "Xa levamos días e tempo con descontos, e encima fanse cousas como a noite aberta que traen máis descontos", criticou sobre o "descontrol" existente.

Lamenta que antes cando se abrían os períodos de rebaixas "incrementábanse moito as vendas, pero agora practicamente son insuficientes porque poden supor tan só un aumento na facturación dun seis por cento".

Finalmente, apunta que "quizais hai que modificar as tempadas porque a climatoloxía está a cambiar. "Igual hai que buscar novos formatos, pero hai que regulalo dalgunha maneira", deixa claro.

Carteis de rebaixas en Lugo. Europa Press - Arquivo
Carteis de rebaixas en Lugo. Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta