CC.OO. insta ao Sergas a reforzar o persoal en atención primaria en Santiago e Barbanza no verán

"Hai anos reforzábanse os equipos de atención primaria con médico e enfermeira de desprazados, agora non só non se reforzan, senón que nin sequera cobren os profesionais que van de vacacións", critica o sindicato, que observa unha "deterioración" do servizo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A Federación de Sanidade de CC.OO. esixiu ao Sergas a cobertura das ausencias en atención primaria na área sanitaria de Santiago e Barbanza, debido ao aumento de necesidades asistenciais nesta época do ano.

Segundo explica o sindicato, os concellos costeiros e os atravesados polo Camiño de Santiago ven duplicada a súa poboación no verán, situación que é especialmente acusada en Muros, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Melide e Arzua.

Así, pide que esta cobertura se faga, preferentemente, con persoal eventual e non a través da fórmula de intersustitución, xa que hai aspirantes dispoñibles nas listas públicas e evítase saturar as axendas do persoal que permanece no centro.

"Hai anos reforzábanse os equipos de atención primaria con médico e enfermeira de desprazados, agora non só non se reforzan, senón que nin sequera cobren os profesionais que van de vacacións", critica o sindicato, que observa unha "deterioración" do servizo.

Protestas de médicos de Atención Primaria en Vigo.
Protestas de médicos de Atención Primaria en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta