Santiago acolle un congreso sobre a discriminación que sofren as persoas maiores no traballo

O XXI Congreso Internacional de Galicia/Norte de Portugal de formación para o traballo celebrarase no Auditorio Abanca en setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Santiago acollerá do 19 ao 21 de setembro, no Auditorio Abanca, o XXI Congreso Internacional de Galicia e do Norte de Portugal de formación para o traballo, no que se analizará a situación dos traballadores de maior idade e as situacións de vulnerabilidade e discriminación que sofren, coñecidas como 'edadismo'.

Así o anunciaron este mércores os representantes do comité organizador, Elisa Jato Seijas, profesora e presidenta do comité científico; Antònio Leite, delegado rexional do norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal e a presidenta do comité organizador, Margarita Valcarce Fernández.

O Congreso virará en torno ao termo do 'edadismo', que fai referencia á discriminación que sofren as persoas maiores en base aos prexuízos ou estereotipos respecto da idade, acuñado polo psiquiatra Robert Butler.

En base a isto, a cita tratará de abordar as novas problemáticas na inserción laboral das persoas de maior idade, así como os desafíos do 'edadismo' na formación, e a discriminación á que están sometidas as persoas de entre 36 e 45 anos por parte das administracións, política, empregadores, sindicatos ou a sociedade en xeral.

Preto do 30% das persoas de máis de máis de 45 anos afirman sufrir discriminación pola súa idade, tal e como recolle o Instituto Nacional de Estatística de España (INE). Pola súa banda, Adecco publica un informe relativo ao período de 2018 onde constata que as empresas optan preferentemente por contratar persoas de entre 26 e 35 anos para cubrir as súas ofertas de emprego.

CONTRIBUCIÓNS DOS PARTICIPANTES

O Congreso está organizado polo Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (GEFIL) da USC, así como a delegación rexional do norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

Os participantes poderán presentar contribucións relacionadas con teorías, experiencias, prácticas ou resultados de investigacións propias. Así mesmo, a participación poderá levar a cabo tanto de forma presencial como a distancia.

A mellor comunicación en galego, portugués ou castelán, seleccionada polo Comité Científico-Técnico poderá optar a converterse en capítulo do libro 'O edadismo: desafíos para a fomación, a orientación e o emprego', patrocinado pola Deputación Provincial da Coruña.

Os prazos para presentar as propostas, tanto individuais como grupais, estarán abertos ata o 20 de xuño. Posteriormente, haberá un período dun mes para a aceptación por parte Comité Científico, establecendo como prazo final para o envío o texto completo, o 2 de setembro de 2019.

Persoa maior.  EUROPA PRESS - Arquivo
Persoa maior. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta