O TSXG mantén a nulidade do voto que lle dá a vitoria a Independentes por Monterroso
A sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso contencioso electoral interposto polo PSOE de Monterroso no que reclamaba que unha papeleta das eleccións municipais do pasado 26 de maio declarada nula fose validada ao seu favor.