González Formoso sinala que a Deputación da Coruña funciona "francamente ben"

O presidente da Deputación valora o "compromiso" dos funcionarios e políticos que axudan a que a Deputación "sexa unha institución eficiente ao servizo da cidadanía a través das súas institucións municipais".

Por E.P. | A CORUÑA | 26/06/2019 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, defendeu que o organismo provincial funciona "francamente ben" e destacou o "compromiso" co entendemento entre os grupos políticos que a conformaron nisto últimos catro anos.

No último pleno desta corporación provincial, González Formoso aproveitou para pronunciar unhas palabras de despedida e agradecemento a todos os deputados provinciais que formaron parte da corporación provincial saínte.

"Como resumo, diría que este universo que se chama Deputación funciona francamente ben, aínda que todo nesta vida é mellorable", dixo González Formoso, que valora o "compromiso" dos funcionarios e políticos que axudan a que a Deputación "sexa unha institución eficiente ao servizo da cidadanía a través das súas institucións municipais".

Así mesmo, indicou que, a pesar de manter "posicións ideolóxicas distintas", todos grupos políticos souberon pór "por encima de todo os intereses da provincia". "Creo que nunca se deixou de votar a favor dunha liña que non tivese o interese xeral, e ese compromiso é de agradecer", dixo Formoso, que opina que "escasean os foros políticos onde o entendemento sexa o motor da institución".

RECORDO A ÁNXELA FRANCO

Con todo, na Deputación "non fallamos a ese compromiso" de entendemento. "Moitas grazas a todos, e seguímonos vendo", concluíu González Formoso, quen tamén tivo palabras de recordo para a deputada do BNG Ánxela Franco, falecida recentemente.

Dela, destacou o seu "compromiso co país" e indicou que a nacionalista "tiña por bandeira a defensa do interese en xeral". Así mesmo, comentou que foi "unha muller capaz de desempeñar a súa función con total honestidade consigo mesma e coa sociedade".

Pleno da Deputación da Coruña do 26 de xuño.. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Pleno da Deputación da Coruña do 26 de xuño.. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

Jo er qué cruzzz... vexo unha sociedade literalmente desaprecida....