Ethel Vázquez di que "falta información do Goberno de España ao de Galicia" sobre o AVE

A conselleira de Infraestruturas di que "non" valen escusas e insistiu en que para a Xunta de Galicia representa "un obxectivo prioritario compartido por todos os galegos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, mostrouse este mércores "preocupada" sobre a chegada do AVE á Comunidade galega, que estaba previsto a finais de 2019, e lamentou que bota "en falta información do Goberno de España ao de Galicia".

"Hai falta de avances que nos preocupan", asegurou a conselleira nun acto en Lugo, para engadir seguidamente que "en cuestión da Alta Velocidade a Galicia, é un obxectivo prioritario de país".

"Nos últimos meses botamos en falta información do Goberno de España ao de Galicia. Fai máis dun ano o ministro de Fomento acudía a Galicia cada tres meses para informar puntualmente os avances e agora o que temos é unha falta de información do Goberno de España", lamentou.

Para a conselleira "non" valen escusas e insistiu en que para a Xunta de Galicia representa "un obxectivo prioritario compartido por todos os galegos". "É un obxectivo de país", sentenciou, "coa finalización das obras, segundo o cronograma previsto e acordado para finais de 2019".

"Tamén pedimos que ese período de probas sexa o máis áxil posible, que os galegos poidan acceder a esa liña de alta velocidade que noutras comunidades xa teñen desde hai tempo", concluíu.

A conselleira Ethel Vázquez nunha comparecencia en Lugo.
A conselleira Ethel Vázquez nunha comparecencia en Lugo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta