Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 17:48
O director xeral de Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, reivindicou a "simplificación administrativa" para a apertura de proxectos mineiros "sen perder garantías técnicas, ambientais e urbanísticas". Así o expresou durante clausúraa dunha xornada de divulgación sobre as canteiras sustentables en Galicia, celebrada en Santiago este mércores e organizada pola Cámara Oficial Mineira.
Neste contexto, Bernardo Tahoces destacou que o Goberno galego está a desenvolver a lei de implantación empresarial co obxectivo de "favorecer a tramitación administrativa" para calquera actividade mineira que se inclúa nun modelo "sustentable". O obxectivo final, tal e como apuntou o director xeral de Enerxía e Minas na súa intervención, é "contribuír á creación de riqueza e emprego no rural".
Así as cousas, Bernardo Tahoces sinalou "o importante patrimonio mineiro" da Comunidade galega e as súas diferentes vertentes --xeolóxica, mineira, social e histórica--, á vez que destacou a "importancia de difundir a riqueza que o desenvolvemento da minaría achega á sociedade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.