O Parlamento demanda que os concellos inicien a valoración da calidade arquitectónica dos edificios

Segundo a deputada socialista María Luisa Pierres esta proposición, presentada polo PSOE, pretende dar pasos adiante para que Galicia "poida aspirar a recoñecer a excelencia na arquitectura".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou no pleno deste mércores unha proposición non de lei, despois dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a través da que se insta á Xunta para que se dirixa a todos os concellos co fin de facilitar a aplicación do recolleito na Lei do Solo de Galicia no referente ás propostas que se xustifiquen pola súa calidade arquitectónica en canto ao cumprimento das condicións de edificación.

Segundo a deputada socialista María Luisa Pierres esta proposición, presentada polo PSOE, pretende dar pasos adiante para que Galicia "poida aspirar a recoñecer a excelencia na arquitectura".

Para o deputado nacionalista Luís Bará, esta situación "merece unha solución ou un estudo para a procura de posibles alternativas", quen destacou que é un "tema complexo", do mesmo xeito que fixo a deputada de En Marea, Julia Torregrosa. O PP destacou o labor dos técnicos municipais, "que non poden estar subordinados aos da Xunta", xa que o Goberno galego "respecta plenamente a autonomía e as competencias municipais".

Pleno do Parlamento de Galicia . XUNTA DE GALICIA
Pleno do Parlamento de Galicia . XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta