Feijóo insiste nas súas críticas ao BNG por apoiar a Resistencia Galega: “Non retiro nin unha soa coma”

Critica aos nacionalistas e a En Marea por non apoiar unha declaración institucional, impulsada polo PP, en favor das forzas e corpos de seguridade do Estado tras as detencións de "prófugos da xustiza e presuntos terroristas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/06/2019 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu este xoves nas súas críticas ao BNG, ao que vinculou con partidos pro terroristas, por ter defendido a presunción de inocencia dos supostos líderes de Resistencia Galega. “Non cambio unha soa coma do que dixen”, indicou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece no Parlamento de Galicia.. XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece no Parlamento de Galicia.. XUNTA DE GALICIA

“Cando un ten que comparecer na Cámara sempre que hai sesións de control, e levo facendo isto dez anos como presidente e catro como líder da oposición, hai mellores e peores intervencións, pero da que fixen onte –polo mércores-- non retiro nin unha soa coma”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Así, e preguntado por Galicia Confidencial polas protestas de Ana Pontón, que pediu que se retiraran as vinculacións do BNG con organizacións terroristas, Feijóo suliñou que foi unha intervención “absolutamente medida”. “E na miña opinión absolutamente proporcional e non cambio nada do que dixen e me remito ao diario de sesións”, insistiu.

Ademais, o presidente da Xunta vinculou as súas palabras coa negativa do BNG e de En Marea a apoiar unha declaración institucional, impulsada polo PP, en favor das forzas e corpos de seguridade do Estado tras a detención de varios integrantes e os supostos líderes de Residentecia Galega, Antón García Matos, alias 'Toninho', e Asunción Losada Camba.

“Desde o máximo respecto cara ás forzas políticas democráticas, e o BNG é unha forza política democrática, teño a miña propia opinión que está expresada no diario de sesións. E, por se acaso, alguén dubidou de que non estivera proporcionado nas miñas respostas pois remitome nóvamente a esa falta de consenso dunha declaración institucional que era para falicitar só ás forzas de seguridade do Estado por deter a prófugos da xustiza, presuntos terroristas, que pertencen a Resistencia Galega”, dixo.

A Garda Civil nun operativo contra Resistencia Galega
A Garda Civil nun operativo contra Resistencia Galega

Por iso, volveu criticar ao BNG, e tamén a En Marea, por non apoiar esta declaración institucional e defender a Galicia dun xeito que el dixo non compartir. “A defensa de Galicia non ten nada que ver coas bombas ou cos atentados. Iso é a vergoña de Galicia, non a defensa de Galicia”, indicou.

OTEGI

Por outra banda, o presidente galego tamén criticou a entrevista emitida por TVE de Arnaldo Otegi, e dixo que lle sorprendera Neste sentido, vinculou esta intervención no medio público cun suposto pacto co PSOE para entrar na Mesa do Parlamento de Navarra e cun posible apoio de Bildu á investidura de Pedro Sánchez. “Penso que se utilizoaron os medios públicos para sacar réditos electorais”, dixo ao tempo que pediu unha aclaración do ente público para “poder retractarse” das súas acusacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Loisc

Frijolito é/foi amigo dun narcotraficante condenado (xa fora condenado cando eran amigos, conocía o seu pasado. Ademáis doulle ás súas empresas contratos públicos cando estaba de dirixente no Insalud) e dun presunto delincuente acusado de inducción á prostitución con roubo de bebé incluido(está en fase de xuizo)

3 Cirigaitas

P.S.: Eu..de ser Ana Pontón...cada vez que o "Frijol" mentase, alégremente, Connivencias do BNG co "Terrorismo" chamaria-lle "Narcotraficante" (en base a idéntica argumemtación non probada) até que retirase as súas palabras.......

2 Cirigaitas

É curioso que estos Pepeiros estes cun Fundador Exministro (E Usufructuario da Camisa dos Asesinos Falanxistaa) Fascista con Centos de Milleiros de Mortos ás súas Costas e que endexamais Pediu /Pediron Perdón por tais Matanzas Colectivas (lembremos: Cuentas, Xuizos Sumarisismos e Paseados) co seu actual leader Examigo de Narcos causantes (indirectamente) de Moitas Mortes entre as Nosa Mocidade, se poñan Flamencos pola Detención duns Presuntos "Terroristas" e pretendan que a Sociedade fellcite a algún Uniformado por facer (medianamente ben, neste caso) o Traballo para o que lles pagamos...a min o Ma mo na zo este Non me Felicita cada vez que lle tiro a alguén do corpo un Apéndice Gangrenado, nin me pasa Un Sobre por baixo da mesa!!...e, fico á espera, pois.....

1 Goudella

O BNG nunca apoiou a RG (nunca se probou a súa existencia) nen a violencia. Frijol xa está en modo campaña electoral e na súa liña de cara granito Porriño.