Temas: RAG

A biblioteca da Real Academia Galega destaca como depósito "único" con 70.000 volumes que se remontan ao século XVI

As obras foron doadas por autores e intelecuales como Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán, Luís Seoane, Antón Villar Ponte e Xosé Fontenla Leal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

A biblioteca da Real Academia Galega conta cun importante depósito nos principais fondos da súa colección, que abarca máis de 70.000 volumes nos que están presentes obras e pezas literarias que se remontan ao século XVI, grazas a doazóns dos propios membros da institución e doutros intelectuais.

Sede da Real Academia Galega
Sede da Real Academia Galega

Precisamente, a directora da biblioteca, Ana María Menéndez, abordou a orixe das principais pezas das que se nutriu desde a súa fundación no ano 1905, con motivo da súa participación nunha xornada técnica celebrada a pasada semana na Cidade da Cultura.

Estas 70.000 obras representan monografías que se estenden entre o século XVI e o XXI, con fondos de bibliotecas particulares de autores e intelecuales como Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán, Luís Seoane, Antón Villar Ponte e Xosé Fontenla Leal.

A hemerotéca conta, ademais, cun fondo histórico do século XVIII ao XXI e moitos deles son exemplares "de gran valor", destaca Menéndez, que se referiu tamén aos 700 volumes de música impresa, como o fondo particular de Marcial do Adalid.

Temas: RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta