Feijóo di que anunciará “coa solemnidade que merece” se se volve presentar como candidato á Xunta

“Se cada vez que se analiza unha frase ou un tempo verbal nos quince meses que quedan para as eleccións imos a sacar unha conclusión imos mal”, dixo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/06/2019 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, restou importancia ás verbas pronunciadas este mércores, na sesión de control ao Goberno galego no Parlamento, nas que lle dixo ao voceiro socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que se ían ver máis tempo. Así, evitou contextualizalas nun marco electoral e negou que quixera facer ningún anuncio en relación á posibilidade de que se volva presentar como candidato popular nas eleccións autonómicas do vindeiro ano.

Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

“Se cada vez que se analiza unha frase ou un tempo verbal nos quince meses que quedan para as eleccións imos a sacar unha conclusión imos mal”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Así, aclarou que, se decide presentarse, será a través dunha convocatoria pública aos medios de comunicación e “coa solemnidade que merece”.

“Eu o que pido é que non se analicen as frases fóra de contexto. Se o meu amigo Leiceaga dime que me queda menos dun ano de goberno eu o que lle dixen é que imos vernos máis tempo. Pero non analicemos máis consideracións ao respecto”, díxolle aos xornalistas.

Así, insistiu en que non houbo ningún anuncio nas súas verbas. “Isto é un tema moi serio e calquera anuncio que faga fareino de forma clara, precisa e contundente para que non haxa ningunha dúbida”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chus

Veremos s o mexicano non t leva o trullo por cortar chapa.....petulante,mentiroso e pochancas.......