A provincia da Coruña disporá de Unidades Militares de Emerxencia para labores preventivas contra incendios

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A provincia da Coruña poderá contar coa a presenza da Unidade Militar de Emerxencias (UME), que depende do Ministerio de Defensa, para realizar labores preventivas contra incendios forestais.

Visita do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, á base da BRIF en Laza
Visita do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, á base da BRIF en Laza | Fonte: Europa Press

Así o puxo de manifesto este xoves a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, na reunión celebrada polo Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais e que copresidiu xunto co delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. De feito, sinalou que na actualidade a UME xa ten varias unidades no territorio galego.

Ademais, lembrou que os servizos contraincendios disporán de imaxes por satélite para a detección de puntos quentes. O sistema Copérnico permitirá e facilitará a emisión de mapas que establece a situación e o perímetro dos incendios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta