Temas: CONCURSO YOUTUBE

Aprazado para o mes de outubro o encontro de Youtubeir@s entre creadores dixitais e o público

Youtubeir@s desenvolverá este encontro baixo o nome 'Lista de reprodución ao vivo' e nel que cada creador levará temas preparados para analizar e o público poderá realizar preguntas e interactuar cos "vídeos vivos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O encontro do proxecto Youtubeir@s, que ía ser celebrado este venres, 28 de xuño, en Santiago de Compostela, foi suspendido e reprogramado para principios de outubro. Esta iniciativa busca fomentar a creación de contidos en rede en lingua galega. Está organizada polas tres universidades galegas, a Deputación da Coruña, así como os servizos de normalización lingüística dos municipios da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo.

Youtubeir@s desenvolverá este encontro baixo o nome 'Lista de reprodución ao vivo' e nel que cada creador levará temas preparados para analizar e o público poderá realizar preguntas e interactuar cos "vídeos vivos". As roldas de preguntas por cada espectador non deben superar o máximo de 20 minutos. O evento estará dinamizado por Xandobela, profesionais da educación. As prazas para participar son limitadas e a nova convocatoria será publicada proximamente.

PREMIOS

Outra das accións do proxecto Youtubeir@s é a entrega dunha serie de premios. É necesario que os vídeos estean publicados en datas posteriores ao 15 de marzo de 2018, sen restricións de privacidade e cos hashtags #youtubeiras #youtubeiros nas respectivas descricións.

Establécense un total de catro categorías, por unha banda o vídeo-facermos, nos que se mostran os procesos de elaboración a través de tutoriais; vídeo-opinarmos, nos que se expoñen opinións e valoracións sobre un tema de interese; vídeo-cantarmos, onde se publican vídeos musicais con versións, composicións orixinais e adaptacións ou coreografías e, finalmente, as canles xenéricas.

Así mesmo, terá lugar tamén o recoñecemento de premios á creatividade e á eficiencia comunicativa, así como á calidade técnica e lingüística. O premio estrela outórgao o público e entrégase baixo o nome de #propostayoutubeira. En total, repartiranse un total de 6.500 euros en premios.

Imaxe promocional do concurso Youtubeiros
Imaxe promocional do concurso Youtubeiros | Fonte: youtubeiras.gal

Temas: CONCURSO YOUTUBE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta