Ofrenda floral a Cunqueiro en Mondoñedo

Acto en homenaxe ao escritor mindoniense no cabodano da súa morte. Tamén se depositou unha rosa vermella na tumba do poeta Leiras Pulpeiro.

Por Galicia Confidencial | Mondoñedo | 29/02/2012 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Como cada 28 de febreiro dende hai trinta anos, o pasado martes, o Concello de Mondoñedo levou a cabo unha ofrenda floral ao escritor Álvaro Cunqueiro coincidindo co seu trixésimo primeiro cabodano.

None

Con tal motivo, ás 11:30h. desprazouse ata o cemiterio vello desta localidade unha comitiva da que formaban parte o rexedor e diversos edís mindonienses, amais dunha nutrida representación da corporación ferrolá, cidade coa que Mondoñedo está irmandada.

Rosa vermella na tumba de Leiras Pulpeiro

Presidindo a comitiva figuraba o profesor e crítico, tamén mindoniense, Armando Requeixo, quen foi o encargado este ano de oficiar de mantedor da ofrenda, na que se depositou unha rosa vermella na tumba do poeta Manuel Leiras Pulpeiro —de quen se cumpre este ano xustamente un século do seu pasamento— para logo pronunciar unhas breves palabras de recordo e homenaxe diante da tumba de Álvaro Cunqueiro ao tempo que se dispuñan ao pé desta diversos centros florais.

A seguir, a comitiva trasladouse ao Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, onde o mantedor do acto pronunciou ás 12:15h. unha breve alocución baixo o título de “Álvaro Cunqueiro: mindoniense irrefutable”, que foi seguida dunha lectura pública do poemario Herba aquí ou acolá á que o propio orador deu comezo e na que interviñeron autoridades e numeroso público asistente.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Soñador atemporal

1 Berslash Domènech

O mellor escritor galego de sempre