As universidades galegas únense para celebrar o 50 aniversario do Orgullo Gai

Defenden que "como espazos científicos e humanos" deben “pensar con orgullo e actuar como referentes sociais".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/06/2019 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

As tres universidades galegas únense á celebración do Día do Orgullo Gai, cando se cumpre o cincuenta aniversario das revoltas de Stonewall (Nova York), que supuxeron o inicio dos movementos de resistencia fronte á discriminación sexual no mundo.

Bandeira LGTBI
Bandeira LGTBI

"As categorías que rexen a nosa mirada sexual son recentes, e conceptos tales como heterosexualidade, homosexualidade, transxenerismo, bisexualidade ou intersexualidade son produtos médico-xurídicos, cuxa función principal foi ordenar e disciplinar os corpos. Porén, esta patoloxización da diversidade sexual e de xénero está pouco a pouco a desaparecer dos manuais da International Classification of Diseases da OMS, do Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders ou das asociación médicas", explican as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.

Lembran, ademais, que segundo a Lesbian and Gai Association, "somos un dos países europeos máis avanzados na tutela dos dereitos LGBTQI+".

As universidades galegas defenden que, "como espazos científicos e humanos", deben “pensar con orgullo e actuar como referentes sociais, onde diversas voces, corpos e afectos podan desenvolverse en plenitude".

Por todo isto, están a usar nas redes sociais as etiquetas #OrgulloUvigo, #OrgulloUSC e #OrgulloUDC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta