Atraca en Ferrol a fragata 'Almirante Juan de Borbón' tras desenvolver nun trimestre tres exercicios da OTAN

O buque militar da Armada emprendeu esta misión tras finalizar o seu período de revisión no estaleiro de Navantia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A fragata 'Almirante Juan de Borbón' atracou no mediodía deste venres, 28 de xuño, no Arsenal Militar de Ferrol, onde ten a súa base, e puxo final á súa integración durante case tres meses na Agrupación Naval Permanente da OTAN núm. 1 (SNMG-1) tras participar en tres exercicios internacionais desenvolvidos no Mar do Norte, Báltico e Atlántico Norte.

O seu comandante, o capitán de fragata Gonzalo Leira Neira, asegurou que, "tanto a dotación como o buque, responderon dunha maneira esplendida" en cada unha das misións. A primeira foi realizada en augas de Escocia, onde tomou parte nos exercicios 'Joint Warrior 191', organizados polo Reino Unido, ademais dun "exercicio de defensa aérea e anti-mísil tamén na zona de Escocia".

A dotación do buque militar español está composta por 202 persoas e antes de emprender esta misión o barco foi obxecto dunha revisión e posta a punta nas instalacións de Navantia Ferrol, as mesmas nas que se construíu.

Fragata 'Almirante Juan de Borbón'.
Fragata 'Almirante Juan de Borbón'. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta