Ana Pontón pide que a investidura de Pedro Sánchez estea condicionada a que lle dea unha solución a Alcoa

Cualifica de "chantaxe" a oferta da multinacional do aceiro para que

Por E.P. | A CORUÑA | 28/06/2019 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou aos deputados galegos no Congreso a que "condicionen" a investidura do socialista Pedro Sánchez como presidente do Goberno a que "haxa unha solución para Alcoa" e para o marco enerxético industrial.

En rolda de prensa, tras manter un encontro con responsables municipais do BNG na Coruña e un membro do comité de empresa de Alcoa, a nacionalista indicou que "o único escenario factible é que saia adiante a oferta" do fondo suízo Parter.

Así mesmo, rexeitou a "chantaxe" que a multinacional do aluminio está a facerlle aos traballadores, sobre os que carga a "responsabilidade" da venda das plantas da Coruña e Avilés.

"A resposta sobre o futuro da factoría non recae nos traballadores, senón en Alcoa, Goberno central e Xunta". Pola súa banda, o delegado da CIG en Alcoa, Xullo Moskowich, tamén fixo referencia á "chantaxe" ao que ven sometidos por parte da multinacional do aluminio e pediu o "compromiso" do Goberno central e a "implicación" da Xunta neste asunto, pois esta última "esta desaparecida", critica.

Ana Pontón ve 'responsabilidade directa de PP e PSOE', que 'xogan co futuro' dos traballadores. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Ana Pontón ve 'responsabilidade directa de PP e PSOE', que 'xogan co futuro' dos traballadores. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta