Un total de 12 empresas optan ao contrato por 1,5 millóns de inspección de pontes e obras en estradas da Xunta

A organización adxudicataria do contrato deberá elaborar unha guía propia sobre as inspeccións e obras de pasos de Galicia, que aglutinará os datos das avaliacións e das solucións adoptadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

Un total de 12 empresas presentaron as súas ofertas ao contrato para as inspeccións en pontes e obras de paso de estradas autonómicas nos próximos 5 anos, cun investimento máximo de 1,5 millóns de euros.A Xunta ten a titularidade de 5.500 quilómetros de estradas, con 170 pontes, unha estrutura cada 3 quilómetros de estradas, unha cada 300 metros nos casos das vías de alta capacidade.

O programa permitirá avaliar estas estruturas e, no caso de que sexa necesario, anticiparse a posibles problemas, traballando así pola seguridade das infraestruturas e das persoas, subliña a Xunta nun comunicado.

O goberno galego licitará no verán un novo contrato para estender estas inspeccións aos muros de contención e noiros das estradas.A empresa adxudicataria do contrato deberá elaborar unha guía propia sobre as inspeccións e obras de pasos de Galicia, que aglutinará os datos das avaliacións e das solucións adoptadas.

Autopista AP9 Chapela hacia Vigo
Autopista AP9 Chapela hacia Vigo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta