Luz Pozo Garza recibe o Premio Trasalba 2019

Nun primeiro momento, o obxectivo do galardón era a vinculación directa ou indirecta coa figura e ideas do intelectual, aínda que progresivamente foi evolucionando cara a persoas referentes da cultura galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2019 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

A poeta Luz Pozo Garza recibiu este sábado o Premio Trasalba 2019, nun acto celebrado en Amoeiro e no que participaron diversos representantes do panorama social, cultural e político.
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou esa xornada na entrega do galardón da poeta, que destacou como unha das voces galegas "máis destacadas e recoñecidas tanto a nivel nacional como internacional".

O premio Trasalba, que concede a Fundación Otero Pedrayo, comezou en 1983 e entrégase o último domingo de cada mes de xuño. Nun primeiro momento, o obxectivo do galardón era a vinculación directa ou indirecta coa figura e ideas do intelectual, aínda que progresivamente foi evolucionando cara a persoas referentes da cultura galega.

Luz Pozo Garza. Autor: Xosé Castro
Luz Pozo Garza. Autor: Xosé Castro | Fonte: Real Academia Galega (RAG).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta