O Museo de Verín, un referente cultural tras dous anos aberto

Supera xa as 24.000 visitas de países tan lonxanos como Taiwan.

Por Galicia Confidencial | Verin | 01/07/2019 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

O Museo do Claustro Mercedario de Verín ven de superar a cifra de 24.000 vistantes nos seus pouco máis de dous anos dende a súa apertura, o que fai del xa un centro de referencia da cultura do Val do Támega.

Nado de man do concello coa misión de divulgar a identidade propia do Val de Monterrei, o Museo do Claustro Mercedario  cumpriu os dous anos con máis de 24.000 visitantes, 2.293 dende o pasado 15 de marzo, nas festas patronais do Lázaro, con procedencias tan dispares como Alemaña, Portugal, Asturias, Madrid, Granada ou Taiwan.  

Ademais das cinco exposicións e o medio cento de actividades desenvolvidas, destacan o ciclo de Cursos de Cata oficiais da UNED, a celebración do II Congreso Mundial de Lagares Rupestres -unha das riquezas turísticas da comarca- ou a instalación sobre o Padrón dos Pobos, que foi inaugurada polo romanista Antonio Rodríguez Colmenero.

Estas actividades e, concretamente as centradas na divulgación do mundo do viño, supuxeron para o Museo do Claustro Mercedario a nomeamento para os premios do Instituto Galego do viño de 2018, que finalmente premiaron o programa do aventureiro Jesús Calleja sobre a Ribeira Sacra en Antena 3.

Museo de Verin
Museo de Verin | Fonte: Concello de Verin

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta