Temas: ALLARIZ

Un encontro co libro novo e de segunda man en Allariz

O vindeiro sábado, 6 de xullo, terá lugar a terceira edición do Mercado do Libro na Alameda da fermosa vila ourensá.

Por X.M. Fernández | Allariz | 02/07/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A área de Promoción Económica do Concello de Allariz organiza, coa colaboración da Editorial Aira e o Coworking BenComún Espazo, a terceira edición deste mercado do libro no que se poden atopar edicións novas pero tamén de segunda man, e na que participan un total de 12 expositores.

Presentación do Mercado do Libro. A Alcaldesa Cristina Cid e o representante da Editorial Aira. Fonte: Concello Allariz
Presentación do Mercado do Libro. A Alcaldesa Cristina Cid e o representante da Editorial Aira. Fonte: Concello Allariz

Na Alameda de Allariz, o sábado 6 de xullo, en horario de 10:30h a 20:00 h., participarán librerías especializadas en banda deseñada, ilustración, poesía e libro infantil e xuvenil. Un espazo moi recomendable para os/as amantes do libro en xeral, e que será de interese para atopar libros novos pero tamén vellos, libros usados que non se atopan nas librerías convencionais.  

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

11:45 h. Presentación de “O tempo meteorolóxico” co ilustrador Miguel Robledo.

12:30 h. Contacontos. “A verdadeira historia de Hamelín”, de MOC MOC.

13:15 h. Presentación de “Macedonia de versos”, coa ilustradora Lidia Noko Noko.

18:30 h. Presentación de “Déixate de ódegas”, co autor Xosé Manuel Vega.

19:30 h. Presentación de “Sen medo ao demo”, coa autora Comba Campoy.

Temas: ALLARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta