“Quero vivir con dignidade”

Javier Fernández Castillo é un músico cubano que fai folga de fame estes días na praza do Obradoiro para denunciar "a ditadura dos Castro" e reclamar "a liberdade, a democracia e o cumprimento dos dereitos humanos" para o seu país. O consulado négalle a entrada en Cuba por solidarizarse con Orlando Zapata.

Por Jorge M.de la Calle | Santiago de Compostela | 03/03/2012 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Javier Fernández Castillo é un músico cubano de 37 anos, santiaguero e residente en Galicia. Hai xa dous anos iniciou unha folga de fame de 27 días fronte ó consulado cubano de Compostela en protesta pola morte de Orlando Zapata, para esixir “a liberdade dos presos políticos cubanos”, “o cumprimento dos dereitos humanos”, e “a liberdade e democracia con garantías para Cuba”. O consulado non só non o escoitou, senón que lle negou a entrada en Cuba, polo que non volverá ver os seus pais enfermos nin o resto da súa familia e compatriotas, de non levantarse este veto. Por iso, Javier está dende o mércores de novo en folga de fame, apostado no Obradoiro e reivindicando “os dereitos humanos para a ditadura dos Castro”, e seguirá porque quere "vivir con dignidade".

None

 

Por que estás aquí?

Estou aquí en representación de tódalas persoas en Cuba que non teñen voz, para que se cumpran dunha vez os dereitos humanos en Cuba. Existen humanos sen dereitos, e iso é imposible. Os dereitos humanos están para cumprilos, non son unha carta de recompilación de boas intencións, creo que cada ser humano ten que velar para que se cumpran. Non creo que teña que ser ningún goberno quen teña que facer todo o esforzo. É requisito individual que se cumpran, e eu estou aquí para que se cumpran.

Como te afecta a ti particularmente esta supresión de dereitos en Cuba?

None

Pola folga que fixen no consulado négaseme rotundamente a entrada no meu país. O cónsul di que son unha persoa “non grata”, e di que esa orde lle chegou do goberno de Cuba.

Non che deixan ver a túa familia?

Non, non me deixan ver a miña familia; agora mesmo a miña nai e o meu pai están enfermos e eu non podo ir a Cuba.

Familia

Alegando que os teus pais están enfermos, non podes ir velos?

Non. Dinme que tódolos trámites os faga por correo, que eu non podo pisar máis alí. A miña avogada foi maltratada, teño gravacións. Tratóuselle dunha forma despectiva, “Que fas ti aquí?”, “Isto pertence a Cuba e non tes que facer nada aquí, isto é de cubanos”. Eu creo que un cónsul está en representación do pobo, non dun goberno totalitario. Teste que sentir identificado en calquera país co teu consulado, e o consulado identificado contigo e resolverte os teus problemas. Non poden ser simpatizantes dun réxime sendo culpabeis, porque saben o que está pasando, e enriquécense de tódolos cubanos que están aquí. Porque a suma de grandes divisas que ten que pagar un cubano para ir a Cuba, para que lle poñan un cuño, que llelo pregunten aí, que teñen tarifas, sobre como se debe tratar a cada cubano que vaia por aí.

Hai que pagar para entrar en Cuba?

Hai que pagar por renovar o pasaporte. Pero unha renovación de pasaporte pode costarche sesenta euros, segundo o “status”, como me dixeron eles.

Status?!!!

Status”. Nunha sociedade que disque suponse que é socialista, e comunista, hai “status”. Así mo dixeron a min, na miña cara e diante da avogada.

"Cubano renegado"

 Non será polo nivel económico, non? Senón pola condición de cubano, moi cubano, “cubano renegado”...

Aí. “Cubano renegado”, “cubano que fai favores”, “cubano que se deixa cravar”... Sabe deus o que teñen montado. Iso non se pode permitir. Por que os cubanos permiten iso? Porque teñen medo. O amor que teñen á súa familia é tan grande que se esquecen do odio, do rancor, pasan totalmente e se teñen que pagar grandes sumas de diñeiro as dan, por ver a súa familia. Pero coido que se queremos cambiar algo, cadaquén ten que achegar un pouquiño. E non é que sexamos arrogantes, senón que cada persoa ten que loitar polos seus dereitos, e non unha soa, nin Orlando, nin as Damas de Branco, nin Wilman, nin sete persoas que están “dando o callo” en Cuba para que a cosa cambie. É moi bonito dicir: “Si si, iso está ben, pero que o faga outro”. Pero ti, cubano, que fas? Nada. Deixarlle o “marrón” ós demais. E non só iso: critica. Até iso chegamos. Critícase a quen quere defender os dereitos humanos en Cuba, se lle maltrata, se lle persegue, se lle recortan máis os seus dereitos, non se lle deixa entrar, se lle priva do seu traballo... Vostedes saben todo o que pasa alí.

Bueno, non hai moita información...

Si hai información en Internet, e todo aquel que queira infórmase. Non hai xustificación para que agora me digan a min que nun país coma este non hai información, quen non se informa é porque non quere. Porque todo o mundo ten acceso a Internet, a preocuparse...

"Non hai Internet"

A ver, si, eu preocúpome, pero hai unha sorte de aureola mítica de que Cuba é a patria do socialismo e da Revolución que vela toda crítica. Mesmo alí os medios son todos oficiais, non si? Non hai liberdade de expresión, é verdade que non podes conectarte a Internet?

Exactamente, hai unha máscara... e non hai Internet, hai agora mesmo Intranet para algúns blogueiros: se a información non é ben considerada polo goberno, non a sacan. Hai un certo temor a dicir a verdade, e a verdade dise en quente, non se mete nun microondas, entendes? (risos) É unha información requentada. E esa é a miña vivencia persoal, non cha contaría se non o tivese vivido.

Baixo esa mancha hai algo máis, oculto. Imos ter que aplicar o mesmo xabón diplomático que aplican eles. Porque a moita xente que vai a Cuba a facer negocio, se lle aplica o xabón ese, lávase as mans, e con ese xabón eu veño aquí e fago o meu negocio, con este tipo que está maltratando a súa poboación, e a min non me interesa! Porque os contratos, para eles, están por enriba de tódolos dereitos humanos e de tódolos cubanos. Interésanlle os contratos, e sacar os presos de Cuba para que non lle busquen problemas, para que non se lles forme unha revolución porque teñen negocios alí, capital invertido. Esa é a realidade de Cuba, e de moita xente galega que ten posesións en Cuba e espera que non cambie a cousa porque sabe que, tal e como está a situación, pódense retirar a Cuba, e entón pasan por enriba da dignidade do cubano. E eu non estou disposto a pasarlles nin unha máis.

Orlando Zapata

Antes da folga por Orlando Zapata, tiñas máis problemas co consulado cubano?

Si, deixáronme nove anos sen ir a Cuba porque me neguei a pagar unha cláusula que me dixeron que tiña co consulado, e se non a pagaba non podía volver.

Estando fóra tes que seguir pagándolles... para poder volver?

Estando fóra, si si... Coma se fose unha “degenerá”, como para non dicirche outra cousa mal dita (risos). É así. E ti, se pagas un imposto, é para que se fagan estradas, hospitais... para que se vexa un beneficio. En Cuba ti que beneficio ves? Non, embólsano, fan máis hoteis...

Cres que hai xente que se enriquece?

Si, enriquécese. Moito diñeiro, e agora coa visita do Vaticano vaise ver.

Cantos anos levas aquí?

Levo 18 anos en España, a maioría en Galiza. Teño feito moitas cousas, mais son músico. Reivindiquei os meus dereitos non soamente por min, senón pola miña xente. Hai unha demanda en min que me prohíbe quedar calado.

 A xente que pasa por esta praza solidarízase contigo?

Hai moitos que me apoian. A xente para a mirar, achégase e charla tamén.

Tamén houbo xente, sobre todo rapaces con certa ideoloxía pro-castrista, que se riu de ti, non si?

Non hai que darlle máis importancia a iso, porque son nenos. O que máis me incomodou non foi que atacaran a miña persoa, porque non estou reclamando nada meu, estou reclamando os dereitos humanos, que son dereitos universais. É unha ofensa ó pobo de Cuba. Eles están adoctrinados, e rinse do pobo de Cuba, pero non de min. Primeiro me deron uns panfletos...

 A ti que sabes máis ca eles o que é vivir alí...

Exactamente, eu teño unha vivencia, que non se pode comparar ás historias. As historias son historias, pero coidado coas vivencias, que son algo máis que historias.

Ideoloxía

Pódoche preguntar que ideoloxía tes? Tes algunha?

Eu! A dos dereitos humanos. Esa é a miña ideoloxía. Eu non creo nin no comunismo, nin no socialismo, nin no capitalismo... Ninguén me afilia, eu non estou afiliado a ningún partido americano deses... Eu son un cidadán de a pé, cunha conciencia. Non son pro-ianqui, nin, teño nada que ver con iso. A min me move a miña conciencia, non me move ningún interés, como a ti, entendes, que non vas recibir ningún diñeiro pero te move o interés de sacar a luz o que me está pasando, e agradézocho.

Estarías a gusto en calquera sistema, entón, sempre que respectara os dereitos fundamentais.

Que respecte os dereitos humanos, que son moi fundamentais.

Vas rematar hoxe?

Non, como me vou ir? Seguirei até que poida, e dáme igual que Castro non me vaia facer caso, isto non é un problema con Castro, é un problema comigo, que quero vivir con dignidade. Esta vida non me sabe. A vida é como un chicle, e chega un momento no que perde sabor.


Galería fotográfica aquí 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 206 comentarios

40 Alonso Vidal

A minha visão de Cuba é distinta da que reflicte a entrevista, mas gosto de que haja pessoas que falem de outros pontos de vista ou que contem as suas experiências vitais. O pensamento único não presta. Parabéns polo trabalho.

1 MoZ (o autor)

Graciñas, Alonso. Mira, eu non dou ningunha visión, a visión a da Javier. Sexa acertada ou errada, fale el dende a verdade ou me engane, eu tiña o imperativo moral de darlle voz, e canto antes mellor, pois xa levaba varios días en folga de fame e podía desfalecer en calquera momento (dise "desfalecer" ou é castelanismo?, non sei, e agora mesmo tanto me ten). Eu teño afinidade polo comunismo, adoro esta ideoloxía na teoría, pero penso que a práctica fallou, e dende logo son de esquerdas e marxista. Hai dous anos participei tamén nunha manifestación pro-Cuba, e sempre os axudei. Pero, por dar voz a un "disidente", agora resulta que fago propaganda "antirrevolucionaria" e me deixo intoxicar polos "media". Hai que fo...! Eu só lle din voz, coido que é a función dun xornalista, pero lamentablmente, como ben dis, o "Pensamento Único" e o anticriticismo son tan de dereitas como de esquerdas... Parabéns a ti por aprezalo e polos ánimos.

39 LEITORA

Centrareime só no estilo xornalístico da nova pois non teño meirande interese en debates estériles a respeito da Revolución Cubana e do sistema político vixente en Cuba dende 1959. A miña opinión sobre o artigo: - A lingua que emprega non é a máis correcta en termos normativos nin gramaticais. Deixa entrever que é "neofalante" e non está acostumado a empregar de maneira habitual a lingua galega. Emprega unha lingua pouco coidada e de escasa calidade, con grallas ortográficas que reflicten a influencia do español. - No tocante á forma da entrevista -que entendo pretendía ser en profundidade-, creo que comete graves erros e reflicte escasa profesionalidade e rigorosidade xornalística, pois o primeiro que se debe evitar nunha entrevista -sexa do tipo que sexa, ao igual que nas enquisas-, son as preguntas sesgadas que condicionan a resposta d@ entrevistad@, por exemplo, "A ti que sabes máis ca eles o que é vivir ali"

1 MoZ (o autor)

Cara lectora (non “leitora”, iso non existe, nin “respeito”, polo menos en “termos normativos”, como ben dis): claro que son neofalante. De nai madrileña e pai vigués mudado a Madrid, de lingua materna o castelán, e criado nun ambiente castelán-falante, pero que elixiu comezar a falar o galego cando chegou á Universidade en Santiago, por empatía, por conciencia, polo meu pobo, porque me gusta e me peta. Son neofalante, pero emprego de maneira habitual a lingua galega, e normalmente non se nota absolutamente nada, polo menos na escrita (na fala, depende do día). Claro que seguramente che gustaría que escribisen só no GC galegos “puros”, cen por cen Rh+... Aínda que estea máis concienciado que a maioría sobre a necesidade de empregar a lingua propia, aínda que me esforce moito máis, e escriba moito mellor en galego que a media, e leve dende hai tres anos escribindo os meus traballos exclusivamente nesta lingua, pelexando mesmo con algún que outro editor.

2 MoZ (o autor)

Agora ben, isto non ten nada que ver. Cando un está ata as tantas da mañá transcribindo unha gravación en español, español de Cuba, é normal que cole algún erro gramatical. Foron dous, concretamente no uso dos pronomes (un “te” e un “che”). Pero infórmase diso, e un, que acepta as críticas (construtivas), descúlpase e emenda os erros, e de feito están corrixidos. Pero de aí a dicir que é “unha lingua pouco coidada e de escasa calidade”, hai un treito. Non sei que grallas ortográficas, aparte do “te” e “che” mal empregados polas présas e a transcrición desde o castelán, e xa corrixidas, son as que atopas. Sinceiramente, eu non as vexo. Como tampouco vexo por ningures a “escasa profesionalidade e rigorosidade xornalística”, e o que si percibo da túa parte é unha interesada saña en criticar o que non concorda co teu pensamento.

3 MoZ (o autor)

Hai tres tipos de xornalismo: o meramente informativo (que non vale máis que para dar noticias, breves, “boletíns”, xornalismo formulario); o interpretativo (que interpreta a realidade, non é “aséptico”, indaga na realidade, quere ou tenta ser parcial pero non obxectivo, pois a obxectividade non existe, e dende logo para min debe buscar o compromiso); e o mal “xornalismo” (que mestura ambos, tenta enganar, serve a intereses escuros e espurios, non merece nin chamarse “xornalismo”). Tampouco demostras ter idea do que é xornalismo, pois supoñes que eu chego aí coa gravadora, doulle ao “play”, e as que saen aí son exactamente as preguntas que fago: hai que ser moi inxenuo, e dende logo non entender nada da “praxe” do xornalismo, ou, o que é peor, ter mala fe e querer facer dano (pero non conseguilo) con un argumento así. Evidentemente, non son esas as preguntas literais que lle fixen. É máis, ao mellor nin lle fixen preguntas, case falou el só.

4 MoZ (o autor)

A entrevista non é un xénero ríxido. As preguntas, a maioría das veces, formúlanse “a posteriori”, cando se estrutura o texto xa en casa ou no lugar de traballo, para ordear e darlle forma ó parlamento do entrevistado. Eu non condicionei nada: eu falara antes con el, previamente a gravalo, e contoume que rapaces que se din comunistas se riron da súa desgraza, sen tentar nin sequera falar con el. Isto simplemente retomeino, recordeillo (e si, existe o verbo “recordar” en galego, para aqueloutro “listo” que di que non) e dinlle pé a falalo, para que non quedase sen dicir algo que xa me comentara antes. E outras preguntas simplemente non as fago, é que se constrúen despois, escoitando atentamente o que di e dividíndoo en apartados, encabezados polas preguntas.

5 MoZ (o autor)

En todo caso, eu non o “condiciono”: condiciónase el soíño, e en todo caso condiciona el as preguntas que, despois da charla máis “informal” para tomar contacto (porque si, a diferenza que moitos dos que están criticando aquí, eu sentei na praza e parei a falar con el un bo anaco, intereseime por el e a súa saúde, non soamente por “carnaza” xornalística), vou “inventar” e intercalar para estruturar o seu parlamento; ou as que eu lle farei “de facto” durante a entrevista, mais porque el mo contara antes. E dende logo, non existe ou non debe existir o “xornalismo aséptico”. Non sei que tipo de xornalismo “consumes” ti, mais o que eu aprendín en medios PÚBLICOS empatiza co cidadán. A unha muller afectada por unha inundación expresaríalle a miña solidariedade e empatía, e non por iso son un mal xornalista; e, se de calquera outro cidadán se mofan inxustamente, eu empatizo con el, expreso valores, que seguramente a ti non che gusten...

6 MoZ (o autor)

... pero son os meus, que son estar sempre cos máis febles, e se non gostas deles, ao mellor es ti quen ten un problema grave. De feito, preguntarlle por ese tema dá pé a que vexamos que el non garda ningún rancor; e se eu buscase realmente “morbo” ou “sensacionalismo” coa pregunta, ó obter esa resposta, teríaa omitido, xunto coa cuestión, ó non ter a contestación polémica esperada. Polo tanto: non me arrepinto de sacar temas que son interesantes para retratar a personalidade do meu entrevistado; e segundo: non me arrepinto de empatizar con el, igual que o faría con calquera outra vítima dunha inxustiza.

7 MoZ (o autor)

E non, non pretendía para nada ser unha "entrevista en profundidade": é unha entrevista de rúa, DE ACTUALIDADE, e urxida polo feito de que Javier levaba varios días en folga de fame e podía caer en calquera momento, polo que tiña que publicalo canto antes. Isto non é unha novela, é INFORMACIÓN, e polo tanto non pode ter nin precisa o mesmo grao de elaboración que unha novela ou revista. E que vexades con lupa esta información e non outras dá unha idea do moito que poden molestar algunhas delas, o cal me reafirma para seguir nesta liña.

38 Dr. Shevek

Sen liberdade non hai Socialismo e sen Socialismo non hai liberdade. Castro tivo unha boa intención, pero a natureza humana é demasiado incívica como para aplicar na práctica as fermosas ideas do comunismo libertario.

37 um da terra

Tive que ler a "entrevista" duas vezes para conseguir entende-la bem, pois está escrita num galego de deplorável. A redação é péssima, e detalhes como o uso absolutamente incorreto de -te e -che fazem sentir vergonha alheia. Na minha opinião o Galicia Confidencial devia coidar algo mais a qualidade dos textos publicados, e não permitir que qualquer junta letras escreva as notícias. Depois em artigos de opinião, ou noutras secções a liberdade pode ser já a que se quiser. Com pseudo-entrevistas como esta a qualidade fica no chao. Vaia é a minha opinião como leitor.

1 eu non falo galego-portugues

Tiven que le-lo comentario dúas veces para entender en que língua está escrito: Galego? Portugués? Galego-portugués? Galego-brasileiro? Que mal queda mesturar temas de língua con temas de ideoloxía politica! Que pasa? Xa non quedan argumentos para atacar o artigo que se lles comentan cousiñas de língua? Por favor! O galego do artigo é “de deplorável” na “opinião” de un que escribe en Portugués? A libertade de expresión está ben, pero ata certo punto; coidamos un pouquiño tamén a credibilidade.

2 Lector crítico

Pois eu tiven que ler o teu "comentario", por chamalo dalgunha maneira, catro e cinco veces para entender algunha palabra, pois está escrita nun idioma inexistente. Se me vas dicir que o GC brila precisamente pola cualidade do idioma, e criticas un xornalista que precisamente é dos que máis o coida nesta publicación, soamente porque colou un par de erros polas présas e por ter que traducir dun testemuño en castelán, sen dúbida o que penso é que, máis que lector, o que es é un pouquiño resentido e tes algo en contra del. Non sei se persoal, ou porque no fondo non queres que trate ese tipo de temas.

3 I´m sexy and i know it

Lector Crítico... como que este idioma não existe?? É o português! Ou galego ou brasileiro ou como prefira chama-lo voçé :P Eu não vou criticar em que norma estea escrita a entrevista (da-me igual e não vou fazer sangue disso). O que sim é que concordo na calidade da entrevista que é bastante má. Eu não sei se Moz estudaria jornalismo mais se o estudou... a saber quanto tardaches em saca-la amijo!

4 I´m sexy and i know it

Para começar já ai um grave erro: - Começar a resposta pela mesma pergunta. "Por que estás aquí?" "Estou aqui porque..." Mal, mal, gralha fatalísima do bacharelato incluso! A pergunta pode levar-se doutra maneira mais longa e introductora. Na primeira pergunta também: "É requisito individual que se cumpran, e eu estou aquí para que se cumpran." Mal, deveria ser "e eu estou aquí por isso" (ou na norma que quiera escribilo) - Repetiçóm continua de: Cuba, "dereitos humanos" e "personas" - Má redaçóm: complicada de lér e seguir, frases forzadas -Fazer bloques de cada sector: uma entrevista ai que enfiala, ai que cose-la e que seja ela um conjunto mesmo -Crear uma aura de pergunta-resposta que incite ao receptor a afirmar a mesma pergunta do emisor, case sem poder modificar a sua resposta

5 I´m sexy and i know it

- Crear uma aura sobrenatural sobre o entrevistado. - Como dijem num dos pontos está mal a forma de componhe-la, mais é ainda pior dramatiça-la! Refiro-me com isto a fazer da entrevista um acto teatral. - Veracidade, por favor, veracidade dos feitos(tanto dentro do Obradoiro como a situaçóm cubana e a deste homem) Insisto em tres pontos que que não o esqueças: repetiçóns abundantes, pésima estructura e posiçóm política do autor (fixa-te Moz, no jeito de fazer as perguntas e enfoca-las respostas "sobre todo rapaces con certa ideoloxía pro-castrista, que se riu de ti" puro sensacionalismo e provocaçóm) Eu posso asegurarche que não estou em ningúm grupo político fago a revoluçóm ao meu jeito, as minhas críticas estám basseiadas em simples apontamentos jornalísticos

6 I´m sexy and i know it

E, por certo, as fotos estám desenfocadas, isso também me faltava. Lamentável, vamos!

7 Pablo L. Pinto de Castro

Essa lingua não existe pela simples, muito simples, razão que realmente NÃO EXISTE E NÃO SE FALA. E não é preciso dizer nada mais, ou mellor: sim, falou-se há já muito tempo, mas Alfonso X já deixou este mundo e não há nuenhuma razão para seguir a falar (ou a escrever) como ele. Eu sou português, de Coimbra. Não quero entrar na questão do artigo, o estilo é uma coisa muito complexa; mas outra coisa é a gramática. Não sei, nem posso dizer, se o GALEGO (e não o galego-português, e ABSOLUTAMENTE NÃO o português) deste trabalho é correto de acordo com as normas da gramática galega (a única instituição que se pode pronunciar sobre isso é a RAG), o que posso dizer com certeza, com respeito ao comentario que você escreveu é que não está escrito em português.

8 Pablo L. Pinto de Castro

Na minha lingua não existem palavras como “repetiçóm”; “redaçóm” ...; se você – que com certeza não se escreve con ç – não acredita pode buscá-lo en dicionários sérios como o Diciónario da Academia das Ciências de Lisboa (português) o no do Aurélio (brasileiro) ou também na Gramática da Língua Portuguesa de C. Cunha (que era brasileiro) e L. F. Lindley Cintra (que era português). Deixo de falar de vários erros na grafia de palavras como dramatizar (que você escreve “damatiçar”); péssimo (que você escreve “pésimo”); baseadas (que você escreve “basseiadas”) ou de formas verbais como “estea” (na minha língua “esteja”) ou “fago” (na minha língua “faço”). Na minha língua nem sequer existe o pronome “che” que pertence só ao galego (o feito que em parte do Brasil, mais não em todo, se pronuncia o pronome “te” de maneira parecida ao “che” galego depende de outras razões).

9 Pablo L. Pinto de Castro

Dir-lhe-ia algo também sobre uma curiosa forma como “dijem” mas me escapa o seu sentido.

10 Fabio Barberini

1) demasiadas repetecions: se unha cousa se chama así non vexo porque hai que cambiarlle o nome. Non vexo porque se estou falando de Cuba, unha vez teño que chamala “Cuba”, outra vez “a ilha maior do Caribe”; outra vez “a ilha onde en 1959 houbo a revolución” outra vez sei eu como ... e fixate que en cambiar o nome as cousas se corre o risco de molestar as ideoloxías: imaxinate se en vez de escribir Cuba, Moz escribia “a ilha dominada pola dictatura de Castro” que pasaria? Moi doado: os que tocan a flauta da revolución (é unha tradución dunha expresión italiana) xurarian sobre “O Capital” de Marx que Moz é un vendido ó Capital (perdoame a repetición) dos EE. UU.; se ao contrario en vez de Cuba escribia “a ilha feliz do Socialismo” que pasaria? Moi doado aqui tamén: os imperialistas dirian que eso non pode ser. Entón mellor chamar as cousas co seu nome, é máis facil identificalas e non hai problemas coas ideoloxías.

11 Fabio Barberini

2) veracidade: a min pareceme moito mais verdadeiro contar as cousas como o entrevistado as confiou ó entrevistador que non estas manipulacións a que tanto estan acostumados os periodistas, para comprazer os caprichos esteticos de leitores que atentan mais ao traxe que a persoa. Se contestando a unha pregunta como: “Por que non pode volver a Italia?” eu contesto (de novo perdon pola repetición) “Non podo volver a Italia porque ...”, pretendo que a miña resposta se imprima como a formulei. E se a consciencia estilistica do xornalista tiraneada pola consciencia estilistica duns leitores non a pode imprimir como eu quero prefiro non publicar a entrevista.

12 Fabio Barberini

3) posición política: decidir de facer unha entrevista a un oposidor de Castro cando toda a prensa en galego como en castelan ata mesmo en esperanto pasa do tema é xa, en si mesma, unha toma de posición moi política, pero non no sentido maniqueista falo mal de Castro entón son imperialista. É unha posición que ten a que ver con algo mais profundo que ou se sinte ou non se sinte, non hai nada que explicar.

13 Fabio Barberini

Para quen se tome a molestia de ensinarme que o meu galego é moi malo que aforren tempo e caracteres: son estranxeiro (italiano pero escolarizado en francés), asi que o meu galego é moi malo, xa o sei.

14 MoZ (o autor)

Grazas a /eu non falo..., /Pablo L. Pinto e a /Lector crítico polo apoio. Non direi máis que: - Seguramente eu tardei bastante menos en facer xornalismo que “você” en aprender portugués!!! (pero dá igual, eu si que non vou “facer sangue” diso). Case dúas carreiras en seis anos. Mais iso é a miña intimidade... Para comezar: Hai dúas formas de encarar unha entrevista: manipular as palabras do entrevistado, para encaixalas co espazo dispoñible (máis evidente en prensa que no ciberespazo), ou estilizalo, gramaticalmente, ocultando os seus lóxicos erros, tentando non variar o sentido, mais “manipulando” ao fin e ao cabo, restando a espontaneidade e frescura da linguaxe oral e informal, e dende logo realismo, sendo, en definitiva, menos fiel á realidade; e outra, que é a que seguín aquí. A de deixar falar ao entrevistado e non cortar nada (agás a verdadeira repetición). Por iso, “Por que estás aquí?” / “Estou aquí porque...” é a REALIDADE...

15 MoZ (o autor)

... do que dixo, é espontáneo, e é enfático (por exemplo, eu non diría o mesmo se dixera "é espontáneo E enfático). Axudaría moito máis que ensinase a gravación, e se puidera subiría o audio, mais éme tecnicamente imposible, e ata que poida, esa é a maneira de reproducir máis fielmente a realidade, aínda que lle pareza “redundante” e “pesado”. Dende logo se eu “recorto” aí (que neoliberal é vostede coa lingua), pérdese a súa personalidade, a énfase que pon nalgunhas palabras: son puras cuestións de estilo. As dúas formas son lexítimas, mais eu me decido pola segunda para ser máis fiel á realidade e ó meu entrevistado, e transmitir mellor a súa forma de falar. Eis un exemplo: http://galiciaconfidencial.com/nova... Aquí, a Antón Caeiro, documentalista e ANTIFASCISTA coma min, lle deixo falar libremente, e reproduzo de forma fiel os seus barbarismos, vulgarismos, anacolutos sintácticos... Porque quero reflectir CON REALISMO A SÚA FALA.

16 MoZ (o autor)

En canto á “repetición continua, segundo ti, de “Cuba” e “dereitos humanos”: a entradiña non a redacto eu, e se logo se repite no texto, non é responsabilidade miña. Si o resto do texto, pero... remítome ao punto anterior, e dígoche que as cousas teñen un nome, e se o emprega o entrevistado cun simbolismo e contundencia evidentes, eu non vou ser quen de substituír as súas palabras por sinónimos. Por outra parte, é unha entrevista de rúa, DE ACTUALIDADE, non en profundidade, e urxida polo feito de que Javier levaba varios días en folga de fame e podía caer en calquera momento, polo que tiña que publicalo canto antes. Isto non é unha novela, é INFORMACIÓN, e polo tanto non pode ter nin precisa o mesmo grao de elaboración que unha novela ou revista.

17 MoZ (o autor)

Eu non creo ningunha aura de pregunta-resposta, nin condiciono ó meu entrevistado, senón que é el, coa charla anterior e toma de contacto, o que condiciona as miñas preguntas. Eu non quero que diga nada en particular, non busco polémicas, e de feito omitín unhas frases despectivas sobre Castro que non me pareceron o máis fundamental desta entrevista. E non vexo máis teatralidade cá túa, de histrión por certo, que si busca provocar e ofender.

18 MoZ (o autor)

De todo o anterior tírase a maior veracidade posible: eu só lle dou voz a Javier. Son unha simple correa de transmisión que, no voso caso, se interrompería, censuraríades. Eu non amoso aquí ningunha posición política, cousa que non entra na cabeza de moitos, e dende logo a miña non interesa, nin a coñecedes nin a podedes supoñer. Eu son comunista: son porque creo no comunismo, mais non na forma en que se tentou levar a cabo. Pero no que non creo, dende logo, é na censura, nas represalias políticas, etc. E no que creo antes que nada é nas persoas, por riba das ideoloxías. Eu non fixen propaganda nin a favor nin en contra de Castro; eu limiteime a facer o meu traballo, que é dar voz ós máis desfavorecidos, ós invisibeis, e de certo ata ese momento Javier o era. Ninguén lle fixo caso.

19 MoZ (o autor)

Eu non “enfoco” ningunha resposta, nin practico ningún sensacionalismo nin provocación: só estou sacando a “colación” un tema que me expuxo el antes, e que non podía deixar pasar. Foi el quen me falou neses termos con anterioridade: rapaces supostamente comunistas (o de supostamente, porque si, esa era a ideoloxía que presumían ter, mais o hábito non fai ó monxe, certamente) foron entregarlle panfletos e rir del. Quen cre que as preguntas se levan preparadas e son as do momento da charla, e non se reformulan, inventan e intercalan segundo o discurso do entrevistado, é que non ten nin idea de como se fai unha entrevista. Podía ter omitido esa pregunta e entón si que omitiría unha información importante, que me dera antes na charla informal.

20 MoZ (o autor)

O de que non esteas en ningún grupo político me resulta sinxelamente inverosímil. Igual que iso de que as túas “críticas” estean basadas en simples “apuntamentos xornalísticos”, unha falacia. Es ti o único que busca sensacionalismo e provocación, primeiro con ese comentario ofensivo sobre a miña formación. Por último: iso de que as fotos están desenfocadas non o cres nin ti. O que me confirma que só actúas por envexa ou rancor. Lamentable, vamos!

21 I´m sexy and i know it

Meu caro Pablo L. Pinto de Castro, sei perfeitamente que o que escrevo não é um português total e puro (como também posso afrimar que não é galego total e puro ;) ). Eu escrevo em reintegrado: http://www.agal-gz.org/corporativo/... Repetiçom: http://www.estraviz.org/repeti%C3%A... Redacçóm: http://www.estraviz.org/Redac%C3%A7... (aquí faltou-me o "c") E sim, sei que tenho umas quantas gralhas, figem má ao no mirar no www.estraviz.org. Pero caro, não te ofendas que o galego e o mesmo que o português a sua via é o reintegracionismo e sim sim TENHO GRALHAS!!!! (mais não me incomoda dize-lo aprendeirei delas, das críticas se aprende não como fam outros)

22 I´m sexy and i know it

A ver, hominhos, pugem os primeiros ejemplos de palavras repetidas precisas que che diga absolutamente todas?? Como se estiveras na escola, penso que não. Bem, seguinte ponto se perguntas e respostas coa mesma palavra e, ademais, o reflejas na entrevista mostra falta de madurez jornalística. Explico-me o mais singelo é fazer como fixo Moz (ponhe-lo igual), quedaria muito mais maduro e profissional redacta-lo doutra maneira sendo igual de verdadeiro ;) Dizer que eu em ningúm momento toquei o tema da linguagem mais sim outros, eu limitei-me à crítica jonarnalística.

23 I´m sexy and i know it

Moz , não dis que queres falar da tua intimidade mais contas-me que sacache 2 carreiras em 6 anos... Eu sim que não vou falar da minha intimidade e n4ao che vou contar quanto tempo levo sendo neofalante, nim a sminhas circustâncias familiar-lingüísticas nim o tempo que levo sendo reintegracionista (sorprenderias-te bastante). A realidade pode escrver-se duma forma mais redacta, óbvio.E não é manipulaçóm, manipulaçóm é deturpar o que nos di o entrevista (manipular saber redactar... grande diferência!). O mais importante respecto às repetiçóns continuas de palavras e o texto e saber redactar. Não me vejo para nada como um farsante cómico da Roma antiga somentas acheguei uma critica construtiva e ti pos-te à defensiva, problema teu se não queres tentar aprender algo do que che digem. Não penso insistir no do sensacionalismo e provocaçóm, pois já o expliquei arriva.

24 I´m sexy and i know it

Dis que não levavas as perguntas preparadas? Um jornalista deve preparar uma entrevista e informarse. Atençóm, atençóm!!! Aqui o único que não milita é o senhor Moz! Os demais somos todos borregos amaestrados ;) Pensa o que queiras, mais eu não toquei em ningúm momento o tema de Cuba como para que albisques a minha ideologia, como muito podes observar que sou galeguista pela escrita e nada mais.

36 Amnistía Internacional

Cuba é, segundo Amnistía Internacional, o país de América onde se cometen menos violacións dos dereitos humanos.

1 comunista herexe

ao mellor està poco informada. o reximen comunista, xa se sabe, non brilla por xenerosidade e rapidez en dar informacion, a ex-Union sovietica é un exemplo iluminante: o feito de Chernorbyl soubose so moitos meses mais tarde.