Adxudicados os fogos do Apóstolo a Acciona que custarán case 260.000 euros

Esta adxudicación inclúe tanto o espectáculo do 24 de xullo na praza do Obradoiro, como os lumes de fin de festa do 31 de xullo na contorna do Campus Sur.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2019 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A xunta de goberno local de Santiago de Compostela adxudicou este luns a Acciona Producións e Deseño SAU o servizo de deseño, produción, montaxe e realización dos espectáculos nocturnos das festas do Apóstolo 2019.

Así o expuxo o edil de Presidencia e Relacións Institucionais, Gumersindo Guinarte, nunha rolda de prensa ofrecida no Pazo de Raxoi. Deste xeito, Acciona obtén a xestión do servizo por segundo ano consecutivo fronte á súa competidora, Rental SP.

Esta adxudicación inclúe tanto o espectáculo do 24 de xullo na praza do Obradoiro, como os lumes de fin de festa do 31 de xullo na contorna do Campus Sur. No entanto, Guinarte afirma que "Acciona non oferta a repetición dos espectáculos de imaxe programados para os días 24 e 31". Deste xeito, tamén aseveraron que están a esperar a que a empresa presente a documentación necesaria para levar a cabo a firma do contrato.

UN INVESTIMENTO DE CASE 260.000 EUROS

A licitación dos lumes para o Apóstolo suporía un investimento de case 260.000 euros mentres que a adxudicación rolda os 213.000 euros. O servizo inclúe tamén o deseño de folletos informativos con guión e a explicación do espectáculo.

Un ano máis, no espectáculo da noite do 24 de xullo non se utilizará a Catedral e demais edificios do conxunto catedrático como soporte de calquera elemento necesario para a realización do evento.

O concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais de Santiago, Gumersindo Guinarte, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO
O concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais de Santiago, Gumersindo Guinarte, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Segundo a Xunta de Goberno, será o Pazo de Raxoi o encargado de acoller os artefactos pirotécnicos de luz, así como as distintas instalacións auxiliares. Por este motivo, o concelleiro de Seguridade, Mobilidade Cidadá e Festas, Gonzalo Muíños, ofrecerá unha rolda de prensa para aclarar detalles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta