Laranxas e plátanos, as froitas frescas que máis se consomen

Os galegos son dos que máis consomen froitas. As parellas con fillos pequenos son as que menor consumo per cápita fan.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 02/07/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

As laranxas foron a froita fresca máis consumida no conxunto do estado en 2018 cunha inxesta media de 17,04 quilogramos por persoa, cantidade que se reduciu ao redor dun 2,1% con respecto a 2017, segundo o informe alimentario de España en 2018, que sitúa a Galicia entre as comunidades autónomas que máis froitas frescas consomen.

A seguinte froita fresca máis consumida foron os plátanos, cunha inxesta aproximada de 11,75 quilogramos, auméntandose o seu consumo respecto de 2017 en aproximadamente un 0,4%. Outras froitas frescas que incrementan o seu consumo son o melón, os limóns ou as uvas.

Precisamente, a sandía incrementouse en 7,82 quilogramos e o melón en 7,62, contando así cun importante consumo per cápita. Estas cifras supoñen un incremento do 5,9% respecto ao ano 2017 no caso do melón, que se traduce nun aumento de 0,43 quilos por persoa ao ano; e unha redución do 7% nas sandías, é dicir, 0,58 quilos menos.

O prezo medio de froita fresca a peche do ano 2018 situouse en 1,54 euros o quilo, o que significa que aumenta nun 5,8% respecto ao 2017. A canle de compra que máis incrementou o prezo de compra foi o e-commerce (13,4%), sendo ademais a canle que se desmarca co prezo medio máis alto do mercado, situado en 1,66 euros o quilo. As tendas de desconto representan a canle co prezo medio máis accesible da categoría, con 1,37 euros o quilo.

PERSOAS RETIRADAS, AS QUE MÁIS CONSOMEN

O maior consumo per cápita de froita fresca en 2018 realizárono as persoas retiradas, cunha inxesta de 174,21 quilos por persoa e ano, sendo un 93% superior á media, que se sitúa nos 90,49 quilos por persoa e ano.

O grupo de mozos independentes, as parellas adultas sen fillos e os adultos independentes tamén están por encima da media de consumo. Pola contra, as parellas con fillos pequenos son os que menor consumo per cápita de froita fresca fixeron, cunha inxesta menor á media e unha proporción do 49%.

O consumo per cápita máis alto por clase socioeconómica concentrouse na clase alta e media alta, cunha inxesta que alcanzou os 105,52 quilos por persoa e ano, unha cifra que supera a media en 15,03 quilos de máis consumidos por persoa.

As comunidades autónomas que máis froitas frescas consomen son Galicia, País Vasco e Castela e León.

Plátanos, laranxas e cereais con leite nun almorzo
Plátanos, laranxas e cereais con leite nun almorzo | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta