Policía portuguesa desprazarase a Compostela para dar apoio aos turistas do 16 ao 27 de xullo

O obxectivo desta iniciativa é "ofrecer ao turista unha atención integral na área de seguridade cidadá, con policías que falen a súa lingua orixinaria e que coñezan os procedementos legais propios do país no que se atopan".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2019 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

Axentes portugueses despregaranse en Santiago de Compostela do 16 ao 27 de xullo para reforzar a atención ao turista grazas á iniciativa de cooperación 'Comisarías Europeas'.

Ademais, axentes da Policía Nacional patrullarán ata o próximo 15 de xullo en Madrid xunto a axentes da Police Nationale de Francia e da Polizia dei Stato de Italia naquelas zonas con maior afluencia turística para "dar apoio aos cidadáns estranxeiros que se atopen de vacacións en España".

Os policías desprazados coñecen o idioma e entre as súas funcións o Ministerio de Interior destacou nun comunicado a atención a vítimas de delitos, a prevención da delincuencia e o apoio na formalización de denuncias.

Ademais, tamén axentes franceses se desprazarán a Pamplona --entre o 5 e o 15 de xullo-- e a Gandía (Valencia) --entre o 16 e o 31 de xullo--, segundo explicou a Dirección Xeral da Policía.

'COMISARÍAS EUROPEAS'

O obxectivo desta iniciativa é "ofrecer ao turista unha atención integral na área de seguridade cidadá, con policías que falen a súa lingua orixinaria e que coñezan os procedementos legais propios do país no que se atopan".

"As patrullas conxuntas supoñen un paso máis na colaboración e cooperación policial internacional, favorecen a mellora da atención ao cidadán e permiten consolidar o concepto da seguridade transfronteiriza", subliñou o Ministerio.

Esta colaboración realízase grazas ao proxecto 'Comisarías Europeas', amparado na cooperación Prüm da Unión Europea. A Policía Nacional española participa con Francia desde o ano 2008, con Portugal desde 2012 e con Italia desde 2014. Cada ano amplíanse os lugares e as datas desta iniciativa debido ao seu "éxito e acollida" entre os turistas.

Peregrinos do Camiño.
Peregrinos do Camiño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta