Ciudadanos destitúe a súa Xunta Directiva en Ourense por "discrepancias" e "abandono de funcións"

A dirección galega do partido procederá a nomear unha xestora na cidade ata a celebración de eleccións internas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/07/2019 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A dirección galega de Ciudadanos destituíu a súa Xunta Directiva en Ourense por "discrepancias" e "abandono de funcións" de modo que procederá a nomear a unha xestora que pilote o partido na cidade ata a celebración de novas eleccións internas.

Segundo informaron fontes da dirección, ante esta "falta de confianza", partido que preside Albert Rivera constituirá esta xestora para que se encargue de dirixir a agrupación ata a elección dunha nova Xunta Directiva na cidade.

En concreto, conforme detallaron estas fontes, foi o secretario de Organización de Ciudadanos Galicia, Laureano Bermejo, quen comunicou aos integrantes deste órgano --formado por María de la O Teijeiro, Ignacio Martín Amaro, David Carrasco e Alfonso Eirín-- a destitución.

Con todo, a dirección galega non precisou nos motivos polos que se procedeu a tomar esta decisión que simplemente atribúen a "discrepancias, falta de confianza" e á necesidade de "dinamización" na agrupación.

Este problema interno prodúcese despois de que Ciudadanos presentase como candidato á Alcaldía de Ourense ao que era portavoz do PP no Concello, José Araújo. Unha fichaxe que motivou a dimisión do ata entón coordinador en Ourense, Alberto Rodríguez, cargo para o que foi elixida María de la O Teijeiro.

Ademais, o propio Laureano Bermejo participou directamente en Ourense nas negociacións que as distintas formacións realizaron para conformar gobernos tanto no Concello como na Deputación e que se saldaron cun pacto entre Democracia Ourensana e o Partido Popular.

José Manuel Villegas e membros de Ciudadanos Galicia.
José Manuel Villegas e membros de Ciudadanos Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 as cronicas de HORROURENSE

E un-ha medida imposta polo pepe pola traizon de Araujo (ex-pepeiro) para facilitar o gobernó de perez Cajome de demodésgracia ourensa. Asi os políticos localistos resultan ser monifates do centro de expaña MANDRILES.. son os chamados moeda de cambio!!!