Localizado o empresario desaparecido en Sarria

Foi localizado no mesmo concello "en bo estado".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 03/07/2019 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

O empresario Lisardo López, desaparecido desde a mañá deste martes no termo municipal de Sarria (Lugo), foi localizado no mesmo concello "en bo estado".

Patrulla da Garda Civil.
Patrulla da Garda Civil.

Segundo confirmaron fontes do operativo e de SOS Desaparecidos, o home foi localizado sobre as 14:00 horas por unha patrulla da Garda Civil na zona que levaba a cabo o rastrexo.

O home faltaba desde as 10,00 horas deste martes despois de acudir á súa empresa, situada na zona de Vilapedre, da que saíu "pola porta de atrás", apuntaron fontes do dispositivo.

Este martes axentes da Policía Local, xunto coa Garda Civil, que coordina o operativo, e Protección Civil realizaran batidas pola zona próxima á empresa para buscar ao home, que marchara a pé.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta