O BNG denuncia que Carballo "leva dez anos de seca" en investimentos da Xunta

Pontón acusa a Feijóo de visitar a localidade "só en campaña" e avanza que "presionará" no Parlamento para que a Xunta "cumpra" con Carballo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

O BNG avanzou que presentará unha batería de iniciativas para reclamar investimentos da Administración autonómica no municipio coruñés de Carballo, que, segundo a líder frontista, Ana Pontón; leva "dez anos de seca en investimentos" por parte do goberno do PP na Xunta.

"No proceso de transformación e avance destes anos hai unha pata que fallou, porque a Xunta non está a cumprir con Carballo", denunciou a portavoz do Bloque tras reunirse co novo grupo de goberno no Concello de Carballo liderado polo nacionalista Evencio Ferrero, que encara o seu quinto mandato á fronte da corporación.

Así, o Bloque avanzou que "presionará" a través da súa acción no Parlamento de Galicia para que o Goberno autonómico "cumpra" cos investimentos no municipio da comarca de Bergantiños en actuacións como o inicio da variante polo tramo de acceso ao polígono industrial e a promoción de novo chan empresarial no concello.

Ana Pontón/ BLOQUE NACIONALISTA GALEGO / Europa Press
Ana Pontón/ BLOQUE NACIONALISTA GALEGO / Europa Press

Tras lamentar que Alberto Núñez Feijóo "só visite Carballo en campaña", tanto Pontón como Evencio Ferrero reclamaron "lealdade institucional" á Xunta "cos veciños" do municipio, á vez que avisan que continuarán "reivindicando servizos, dotacións e infraestruturas".

DERRIBA DUN EDIFICIO

Á lista de "promesas incumpridas" co concello, o rexedor carballés sumou o derrbio dun edificio para evitar o desbordamento do río, unha actuación prevista para 2018 pero que aínda non foi ejectuda.

"E levamos así ano tras ano, tras ano; e seguimos esperando cando é unha cuestión que require un investimento de 100.000 euros e sería unha actuación exemplarizante para evitar construír na canle do río", remarcou o alcalde, que agradeceu o "compromiso" do grupo parlamentario da súa formación para levar ao Pazo do Hórreo as demandas do goberno municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dalle que libras

E cantas mobilizacións convocou o BNG para denunciar esa discriminación ?