200.000 euros da Xunta para dinamizar a lectura en 154 municipios, 1.300 euros por municipio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Un total de 154 concellos beneficiaranse da convocatoria de axudas para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e axencias de titularidade municipal.

Libros.
Libros.

O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores a resolución da convocatoria, que conta cun orzamento de preto de 200.000 euros, o que resulta en case 1.300 euros por municipio.

As subvencións están destinadas a accións de animación á lectura a través do programa 'Ler conta moito', co que se busca contribuír á promoción deste tipo de hábitos como "vehículo de enriquecemento" persoal.

O importe concedido a cada municipio, superior a 1.000 euros para cada unha das 190 bibliotecas beneficiarias, empregarase para financiar o 75 por cento do custo de cada unha das actividades, mentres que a contía restante asumirase con fondos propios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

154 municípios? Consultando o dicionário da RAG, o termo “município” é sinônimo de “concelho”, e a Wikipédia diz que a Galiza tem 113 concelhos! Desejo que a iniciativa tenha êxito, se fiscalize a inversão e serva para fomentar a leitura na nossa língua.