Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 04/07/2019 | Actualizada ás 08:35
O Fanzine Fest, un dos festivais de música electrónica de referencia no Estado, que celebrará a súa undécima edición do 5 ao 7 de decembro de 2019 na Coruña, abre un proceso de selección para artistas galegos a través da cal elixirase a un gañador que pasará a formar parte do cartel do evento deste ano.
O prazo para a presentación de proxectos rematará o 25 de agosto e o fallo do xurado, integrado polo equipo de Fanzine Project, darase a coñecer o 2 de setembro. A performance seleccionada, cuxa duración deberá entenderse entre trinta e noventa minutos, estará integrada dentro do festival e se ofrecerá o venres 6 de decembro na Fundación Luís Seoane.
Ademais, o artista eleixido recibirá un premio económico de 200 euros e os gastos de desplazamente en territorio nacional, dietas e alonxamente correrán a cargo da organización. Na convocatoria poderán participar persoas residentes ou procedentes de Galicia e o obxectivo é apoiar aos artistas galegos co obxectivo de ofrecer unha plataforma sólida na que novas figuras podan darse a coñecer e difundan o seu traballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.