Todas as forzas da Cámara enlamadas na Campeón

Salustiano Mato, acusado de branqueo de capitais, era director de I+D+I co bipartito baixo o mandato de Fernando Blanco.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/03/2012 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Ningún partido sae indemne do levantamento parcial do secreto de sumario da Operación Campeón.  A investigación ten indicios de culpabilidade sobre todos os imputados coñecidos e engade un máis á lista, o ex-director xeral de I+D+I da Xunta, Salustiano Mato, actual reitor da Universidade de Vigo.

None

Imputados do BNG

Mato declarará o xoves acusado de fraude de subvencións e de blanqueo de capitais no seu paso pola Xunta do bipartito. A xuíza Estela San José preguntaralle como a súa dirección xeral puido certificar como correcta unha subvención de 1,45 millóns a Nupel cando os laboratorios de Jorge Dorribo nunca chegaron a mercar a nova maquinaria subvencionada.

O reitor da Universidade de Vigo di estar "sorprendido" pola imputación pero non fixo máis declaracións. O superior de Mato era o conselleiro de Industria Fernando Blanco (BNG), que xa declarou como imputado por presuntamente facilitar o cobro de subvencións a Dorribo. O ex-xefe de gabinete de Blanco, Xoán Manuel Bazarra, traballa agora precisamente para Nupel.

 

Imputados do PP

None

O sumario tamén recolle como o deputado demitido Pablo Cobián (PP) presuntamente facía favores a Dorribo ante diversas consellerías. Cobián admitiu que o seu fillo correu no equipo de rallies do empresario, que a Xunta ofreceuse a patrocinar.

Cobián intermediu tamén para que Carlos Monjero, socio de Dorribo en Proitec, gañase obras da Consellería de Infraestructuras. De feito, o sumario recollen a organización dun encontro en San Caetano co conselleiro Agustín Hernández e representantes da construtora Ferrovial. As xestións de Cobián mesmo lograron que Alberto Nuñez Feijóo recibise a Jorge Dorribo no seu despacho de presidente da Xunta.

Joaquín Varela tamén foi nomeado coa actual Xunta. O ex-director xeral do IGAPE foi grabado chamando a Dorribo asesorándoo de como finxir a tasación dunha maquinaria para así levarse unha subvención sen erguer sospeitas. O seu número dous no IGAPE, Joaquín Varela Lima, segue impuntado tamén por facilitar subvencións.

Velaquí a conversación literal entre Joaquín Varela e Dorribo, centro da trama presuntamente corrupta, transcrita por El País:

Joaquín Varela. Soy Joaquín Varela, el director del Igape, ¿puedes hablar?

Jorge Dorribo. Sí

JV. ¿Así, hablar como un poquito bajo?

JD. Sí, sí, (…)

JV. Yo estoy continuamente encima del asunto, intentando entender qué es lo que pasa, bueno, ya hicimos un esfuerzo en su día para aprobarlo.

JD. Sí, (…)

JV. Yo lo que quiero es de alguna manera, eh, yo les presiono \[a los técnicos\] para que lo saquen adelante, pero, digamos, estaríamos corriendo un riesgo un poco tonto.

JD. Si.

JV. Te cuento cuál es el problema, en su día nos presentásteis las facturas por la compra de \[la maquinaria para conseguir la subvención\] (…) Necesitamos que un tasador nos diga que vale esto porque sino, hostia, cualquiera nos saca los colores, o sea que eso nos lo revisan (…) porque puede pasar que pasado mañana vengan aquí y nos auditan hasta cinco entidades distintas, joder.

JD. (…) Yo hablo con el tasador para que ponga como tú me estás diciendo, me entiendes.

JV. Vale, yo, lo importante es que no haga referencia a una factura, que es lo que nosotros queremos desmontar.

Imputados no PSOE

A causa contra Pepe Blanco séguese no Tribunal Supremo, dada a condición de Deputado nas cortes do ex-ministro. O sumario recolle que outro dos socios de Dorribo, o empresario do Grupo Azkar José Antonio Orozco, suxiriu por teléfono a Dorribo que o ex-ministro íalle pedir "por a galiña para o asunto das eleccións municipais" a cambio de favores.

Velaquí a conversación transcrita en El País:

José Antonio Orozco: El Blanco me ha cerrado la reunión para el 1 de diciembre, y me dice: ¿‘Vas a venir con alguien o vas a venir solo?’. Y le dije yo: ‘Pepe, joder, yo voy como tú me digas, esto, la persona con la que estamos desarrollando esto es Jorge Dorribo de Lugo, pero claro, dice, oye, no hay ningún problema, al contrario, encantado de que venga, pero prefiero que vengas solo que quiero comentarte un tema’.

Jorge Dorribo: Pues vale.

José Antonio Orozco:. La cuestión es que yo, lo que le voy a explicar claramente es lo (…) del Sigre pues… El tema ya sé yo cuál va a ser que es poner.

Jorge Dorribo. Sí.

José Antonio Orozco: La gallina para el asunto de las municipales, a ver si me entiendes, que eso… ¿me sigues?

Jorge Dorribo:. No hay problema, no hay problema, tú por eso sin problema, lo que sí es importante, joder, que él en eso se moje porque, macho eso es la hostia, que todo lo demás no son migajas, no, pero hostia ese es el gran negocio (…) y ahí tú dile, te pongo los municipales y te pongo el alcalde que tú me digas cabrón.

José Antonio Orozco. Exactamente.

 

 

 

 

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 63 comentarios

27 Alberte Comesanha

Que vergonha! Son tan mediocres...

26 Xandokas

Que se vaian todos os chourisos do Bloque Xaaaa!!!!!

1 Xandokas

... xa van quedando menos......

2 Xandokas

Perdón!, ...... que se vaian todos os "chourisos" e "chourisas" do Bloque Xa!!!

3 anonimo

Eu penso que quedan todos , e ademais son defendidos pola dirixencia.

4 mari con

Os pringados que non son niguén son lapidados polos valentes de UPG. Estes non, estes hai que poñer a man no lume, etc, etc.

25 Colebra

Isto é de traca...................!ULTIMA NOTICIA:................ El portavoz nacional del BNG, Guillerme Vázquez, ha afirmado que la investigación de la Operación Campeón afecta "fundamentalmente" al actual Gobierno de la Xunta y ha subrayado que quien tiene que "dar explicaciones" y asumir "responsabilidades políticas" es el Partido PopulaR...................Guillerme, polo visto tes a cabeciña botada monte, tan so falta que digas que Bazarra e Blanco son uns infiltrados, postos pola xusticia................ Mamaiña a onde foi dar o BNG..!

1 investigator

EXTRA EXTRA!!!:"El viciprisidente Angel Quintana secuestró al señor Dorribo y lo obligó a cobrar subvinciónes en los años "escuros" del bipartito" lo dice LVG

24 investigator

EXTRA EXTRA!!!:"Anxo Qintana secuestrou a Dorribo e obligouno a cobrar subvencións durante os anos escuros do bipartito" segundo fontes de LVG. Agora unhas "patacas miúdas": https://www.surveymonkey.com/sr.asp...

23 Cándido

Aquí ao BNG facendo a revolución que predican os seus documentos. A soberania, o antisistema, o anticapitalismo....HAHAHAHAHAHAHA Trileiros manipuladores. Corruptos BNG

1 Salvador

Deixando aparte a presunción de inocencia, que culpa tería o BNG de que un seu membro saíse corrupto? O problemasería que, sabéndoo, o mantivese no posto. De momento, que eu saiba, ningún dos presuntos ocupa ningún posto nesa organización. Xa está ben de querer arrimar a brasa á propia sardiña.

2 Manolo2

Está claro, la culpa era de Aznar porque lo puso en el puesto. ¿O no lo puso y hay que echarsela igual?

3 Hai que foderse!

"... y hay que echarsela igual?". O que hai que botarlle é un bo par para escribir echarsela sen acento no a, pero o analfabetismo tenvos estas cousas.