Todas as forzas da Cámara enlamadas na Campeón

Salustiano Mato, acusado de branqueo de capitais, era director de I+D+I co bipartito baixo o mandato de Fernando Blanco.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/03/2012 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Ningún partido sae indemne do levantamento parcial do secreto de sumario da Operación Campeón.  A investigación ten indicios de culpabilidade sobre todos os imputados coñecidos e engade un máis á lista, o ex-director xeral de I+D+I da Xunta, Salustiano Mato, actual reitor da Universidade de Vigo.

None

Imputados do BNG

Mato declarará o xoves acusado de fraude de subvencións e de blanqueo de capitais no seu paso pola Xunta do bipartito. A xuíza Estela San José preguntaralle como a súa dirección xeral puido certificar como correcta unha subvención de 1,45 millóns a Nupel cando os laboratorios de Jorge Dorribo nunca chegaron a mercar a nova maquinaria subvencionada.

O reitor da Universidade de Vigo di estar "sorprendido" pola imputación pero non fixo máis declaracións. O superior de Mato era o conselleiro de Industria Fernando Blanco (BNG), que xa declarou como imputado por presuntamente facilitar o cobro de subvencións a Dorribo. O ex-xefe de gabinete de Blanco, Xoán Manuel Bazarra, traballa agora precisamente para Nupel.

 

Imputados do PP

None

O sumario tamén recolle como o deputado demitido Pablo Cobián (PP) presuntamente facía favores a Dorribo ante diversas consellerías. Cobián admitiu que o seu fillo correu no equipo de rallies do empresario, que a Xunta ofreceuse a patrocinar.

Cobián intermediu tamén para que Carlos Monjero, socio de Dorribo en Proitec, gañase obras da Consellería de Infraestructuras. De feito, o sumario recollen a organización dun encontro en San Caetano co conselleiro Agustín Hernández e representantes da construtora Ferrovial. As xestións de Cobián mesmo lograron que Alberto Nuñez Feijóo recibise a Jorge Dorribo no seu despacho de presidente da Xunta.

Joaquín Varela tamén foi nomeado coa actual Xunta. O ex-director xeral do IGAPE foi grabado chamando a Dorribo asesorándoo de como finxir a tasación dunha maquinaria para así levarse unha subvención sen erguer sospeitas. O seu número dous no IGAPE, Joaquín Varela Lima, segue impuntado tamén por facilitar subvencións.

Velaquí a conversación literal entre Joaquín Varela e Dorribo, centro da trama presuntamente corrupta, transcrita por El País:

Joaquín Varela. Soy Joaquín Varela, el director del Igape, ¿puedes hablar?

Jorge Dorribo. Sí

JV. ¿Así, hablar como un poquito bajo?

JD. Sí, sí, (…)

JV. Yo estoy continuamente encima del asunto, intentando entender qué es lo que pasa, bueno, ya hicimos un esfuerzo en su día para aprobarlo.

JD. Sí, (…)

JV. Yo lo que quiero es de alguna manera, eh, yo les presiono \[a los técnicos\] para que lo saquen adelante, pero, digamos, estaríamos corriendo un riesgo un poco tonto.

JD. Si.

JV. Te cuento cuál es el problema, en su día nos presentásteis las facturas por la compra de \[la maquinaria para conseguir la subvención\] (…) Necesitamos que un tasador nos diga que vale esto porque sino, hostia, cualquiera nos saca los colores, o sea que eso nos lo revisan (…) porque puede pasar que pasado mañana vengan aquí y nos auditan hasta cinco entidades distintas, joder.

JD. (…) Yo hablo con el tasador para que ponga como tú me estás diciendo, me entiendes.

JV. Vale, yo, lo importante es que no haga referencia a una factura, que es lo que nosotros queremos desmontar.

Imputados no PSOE

A causa contra Pepe Blanco séguese no Tribunal Supremo, dada a condición de Deputado nas cortes do ex-ministro. O sumario recolle que outro dos socios de Dorribo, o empresario do Grupo Azkar José Antonio Orozco, suxiriu por teléfono a Dorribo que o ex-ministro íalle pedir "por a galiña para o asunto das eleccións municipais" a cambio de favores.

Velaquí a conversación transcrita en El País:

José Antonio Orozco: El Blanco me ha cerrado la reunión para el 1 de diciembre, y me dice: ¿‘Vas a venir con alguien o vas a venir solo?’. Y le dije yo: ‘Pepe, joder, yo voy como tú me digas, esto, la persona con la que estamos desarrollando esto es Jorge Dorribo de Lugo, pero claro, dice, oye, no hay ningún problema, al contrario, encantado de que venga, pero prefiero que vengas solo que quiero comentarte un tema’.

Jorge Dorribo: Pues vale.

José Antonio Orozco:. La cuestión es que yo, lo que le voy a explicar claramente es lo (…) del Sigre pues… El tema ya sé yo cuál va a ser que es poner.

Jorge Dorribo. Sí.

José Antonio Orozco: La gallina para el asunto de las municipales, a ver si me entiendes, que eso… ¿me sigues?

Jorge Dorribo:. No hay problema, no hay problema, tú por eso sin problema, lo que sí es importante, joder, que él en eso se moje porque, macho eso es la hostia, que todo lo demás no son migajas, no, pero hostia ese es el gran negocio (…) y ahí tú dile, te pongo los municipales y te pongo el alcalde que tú me digas cabrón.

José Antonio Orozco. Exactamente.

 

 

 

 

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 63 comentarios

22 Gamela

Tí tamén, Mato...? Xa dá noxo seguir léndo...! Nin nos representaron, nin nos van representar... Haberá aínda quen pense que a esto se lle pode chamar "política"? http://ir.gl/048801

1 Gamela

Por se alguén quere pedirlle explicacións a Tano https://redesocial.uvigo.es/pg/prof...

21 Xosé

Na Voz fai un resumo do que está no sumario. Os que estades familiarizados cos procedementos de control ex post da administración entenderedes que non hai caso. Con esta "evidencia" non entendo como o responsable do CDTI non está en chirona cumprindo perpetua... Imaxinade por un momento, aínda que vos coste, que eu tivese razón e isto non fose a ningures. Máis: imaxinade que non houbese ningunha intención de cometer ninguna tropelía. Imaxinade sinxelamente que este fose un de tantos empresarios e directivos que en materia de subvencións se dedicou a facer "majas" ("comprando" máquinas a outras empresas amigas, cambiando a idenficación das máquinas incluso, nin vos imaxinades...). De verdade non se me ocurre qué incentivos pode ter ninguén cunha profesión a involucrarse en política. Creo que Mato non ten fillos que lean periódicos; é un home afortunado.

1 Rubia

Supoño que te refires estrictamente a Mato. Efectivamente non parece haber caso, e o feito de que hoxe xa non apareza en ningún xornal é ben elocuente. Sí; nestos casos é doado pensar qué demo se lle perde a un en política, pero machiño, se te parece deixaa en mans dos que non teñen outra profesión.

20 Bruar

Os asuntos de tribunais son a historia de nunca acabar. Polo Ben Común, calquera que se aprobeitase do seu cargo para chalaneos e aprobeitamentos manifestamente ilegais debe IR AO CALDEIRO. Entendo que un sumario de, según din, 20000 páxinas é dificil de masticar para saber o que realmente hai. Pero o procedemento xudicial debe seguir e condear á cadea, aparte de devolver o roubado. Isto parece ás veces Sicilia. Adiante coa xustiza, neste Estado onde nin Dios con sentido común se fía dela.

19 Eug

Menudo panfleto o Galicia Confidencial! Xa lle están facendo a campaña ao EI/IU/PSOE e Neoguais. Na foto poñen aos do BNG e de 1º na nova aos do BNG. Pero non saben que o Dorribo amasou con Blanco (PSOE) e Cobián (PP). Probablemente o Blanco (BNG) teña que ver mais se imos ás cuantías non hai cor duns implicados a outros. Claro que con enmerdar ao BNG non vos gaña naide. Nin un peso máis ides levar do meu peto!!!

1 guau

E ti saes a defessa com ataque....fai-cho ver, vende-merca-salvapatrias

2 guero

Tanto rouba, rouba tanto , o bng como os seus aliados os españolazos

18 Antón

Xuiza ou comisaria politica? A vallisoletana Estela San José vencellada ó PP e membro da conservadora Asociación Profesional de la Magistratura, está a imputar sen probas documentais, como o mesmo Dorribo recoñece e baseandose nas suas declaracións. Non vou decir que a xuiza actua de mala fé, pero un arrepia dos xuices políticos que fan de ventiladores.

1 Antón

Porque un vai cheo de xuices estrelas i Estelas, San José que chegou a Lugo para facerse cargo dun xulgado expecializado contra o maltrato de xenero, seu maior logro contra esa lacra, foi chamar a Tele5 para protestar contra o trato despectivo que tiña contra a muller no programa Sin tetas no hay paraiso. Porque o que cheira mal nun país onde a corrupción esta espallada por doquier e o PP ten case a sua primicia San José só foi capaz de imputar do socialista delegado de tráfico en Lugo, mais o alcalde e 3 concelleiros de Castro de Rei todos socialistas, mais un de Terra Galega.

2 Sentidiño

Antón, pódese imputar sen probas documentais, por exemplo en base a testemuñas. E as probas documentais están aí, por exemplo, as subvencións a Nupel, o que non están son as máquinas que Industria dixo que había. Non é tan difícil de entender. O que é máis dificil de comprender é que veñas a inventarte unha conspiración peperiana con tal de salvarlle o cu a uns presuntos corruptos simplemente por ser do teu partido.

3 Antón

Xa dixen que ogalla se foran culpables, fosen condeados e con duras peas. Pero o de conspiración pepeira de ventilador está mais que evidenciado, só chega con ollar como O Mundo de Pedro Jota ou Interlobotomia están a facer cruzadas e soben os ceos a xuiza pepeira. Sempre crein na necesaria independencia xudicial, e aborrezo dos xuices que independentemente de suas inclinacións políticas, se sirvan de elas para medrar no escalafón. Esta xuiza está a ampliar o segredo de sumario contra toda recomendación, cousa que só sirve ó PP e o seu ventilador de espallar m...Ao final denigra que algo queda, decía Goebbels.

4 Sentidiño

Vaia, agora todo argumento que tes para dicir que Estela San José é unha activista do PP é que prolongo parcialmente o segredo de sumario. Contra toda recomendación, de quen? Dos imputados que poden aproveitar a publicación para destruír probas? Que non oh, que Dorribo non é inocente, é que se Fernando Blanco é inocente non tedes nada que temer na UPG. Pero eu nunca vin un inocente que dimitise. Impasibel ao marxe.

5 Antón

Agora dimitar para non involuclar o partido no xuizo, é declararse culpable? sentidiño, predica co exemplo. Alongar o segredo do sumario ate Outono, cando pasen todalas eleccións vindeiras, só favorece ó PP, uneco partiodo que conta probas documentais contra seus membros. Se se abrira o segredo de sumario, saberiase en base a qué imputa a cirios e troianos, e axudaria a depurar verdadeiras culpas e as imputacións interesadas, tempo tivo de abondo, esto xa semella polo tempo a comisión Warren do JFK. Digo xuiza papeira porque está mais que demostrado a sua conexión co partido, a que nin ela mesmo nega. Tampouco sería extrano nunha señorita de Fachadolid.

6 lemés

Antón coa túa última frase quedas retratado. Ti, como galego, tamén serás do PP, e chorarías por Fraga... En Lugo a corupción é grande demais (política, empresa, narcos, prostitución, deporte...) para que ti veñas con simplezas. Pode que esta xuiza destape por razóns tamén políticas, as mesmas razóns polas que outros maxistrados e policias calaron -e iso é igual de grave ou máis-, e seguramente tamén iguais motivos polos que ti queres silencio (mírate ao espello). Xa estamos fartos de que mexen por nós -tamen os que se dicían "os nosos"- e digamos que chove!

7 Antón

Lemés: un pouco de cultura non te viña mal. "Una señorita de Valladolid" obra mais coñecida do escritor coruñes J. Calvo-Sotelo. "Fachadolid" nome co que se coñece popularmente en toda Castela a cibdade do Pisuerga por seu caracter conservador e reaccionario. Non ha moito tempo os carteis de entrada da cibdade estaban correxidosa e leianse de esa guisa (Fachadolid). Estou contigo que a corrupción en Lugo como no resto de Galiza está xeralizada, sendo o PP quén practicamente copa todalas institucións, mais en Lugo, como é, que dita "señorita" (digóo sen escarnio por selo nome usual das mulleres solteiras) só é capaz de imputar os da oposición? Mais nun caso xestionado i estoupado nas mans do partido podre, Xa sabes: inxenuo ma non troppo.

8 anonimo

Resulta que o BNG é corruto e a culpa é de lemés que non ten cultura. Hai que ler cada cousa!! Antón pensa que a xente segue a ser parva. Así que a culpa é da xuiza!!!!! pobre Galiza con este BNG!!!

9 Anónima

Só é capaz de imputar aos da oposición... E logo non està imputado o cobiàn e é do pp?