Un incendio queima catro motos e dous coches no garaxe dunha vivenda en Ribeira

A Policia Local asegura que non houbo persoas afectadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2019 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Un incendio declarado este xoves no garaxe dunha casa unifamiliar situada da Rúa de Castelao, no municipio coruñés de Ribeira, calcinou catro motos e dous coches, ademais doutros aveños almacenados no seu interior.

Segundo informou o 112 Galicia, a Policía Local alertou ao servizo de emerxencias sobre as 12,00 horas deste xoves dun incendio nun garaxe dun edificio. Os axentes aseguraron que non había persoas afectadas. Tras recibir o aviso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro. Do mesmo xeito informouse ao persoal do Servizo Municipal de Emerxencias e aos membros de Protección Civil da localidade, que se dirixiron ao lugar.

Os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que o lume está sufocado, tras o que procederon ás tarefas de ventilación e arrefriado da zona. Segundo informaron, a estrutura da vivenda tamén se viu afectada debido ás altas temperaturas alcanzadas.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta