As reservas do grupo sanguíneo 0+ atópanse baixas en Galicia

ADOS lembra que son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2019 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

As reservas do grupo sanguíneo Cero positivo (0+) atópanse en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-), A positivo (A+) e Cero negativo (0-) están normais, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 8 de xullo, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Ferrol -zona Canido-, Ordes -detrás do Concello-, A Coruña -Obelisco- e Santiago -Praza Vermella-. Tamén o luns haberá unidades móbiles nos concellos pontevedreses do Grove -Praza do Corgo-, Tui -cale Alcalde Casal Aboy- e Vigo -cale Príncipe-. Así mesmo, ADOS enviará unidades móbiles á localidade luguesa de Ourol -fronte ao Concello e en Bravos- e á cidade de Ourense --Rúa do Paseo-.

Doazón de sangue
Doazón de sangue | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta