A CIG denuncia "presións" do Santander a traballadores polo ERE

O sindicato alerta do despedimento de 41 empregados máis na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2019 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

O sindicato CIG realizou unha concentración este xoves ante a oficina do Banco Santander na Coruña, na que denunciou "presións" aos traballadores para que se adhiran o ERE no período voluntario e alertou sobre un novo expediente en Santander Operacións, que podería supor o despedimento de 41 persoas na cidade.

Concentración da CIG para denunciar 'presións' a traballadores do Banco Santander polo ERE e o posible despedimento de 41 empregados máis. Ante a oficina central no Cantón na Coruña
Concentración da CIG para denunciar 'presións' a traballadores do Banco Santander polo ERE e o posible despedimento de 41 empregados máis. Ante a oficina central no Cantón na Coruña | Fonte: CIG.

A empresa abriría unha mesa de negociación doutro ERE, que afectaría á filial Santander Operacións, segundo explicou a secretaria da sección sindical, Rosa Conde.

Santander conta cun centro de traballo na rúa Orillamar na Coruña, que a entidade "quere pechar", segundo o sindicato, e no que traballan na actualidade 41 persoas procedentes do antigo Banco Popular.

Durante a protesta, a CIG denunciou "presións" do Banco Santander sobre o persoal para "instalo a adherirse" ao ERE, incumprindo así o compromiso de respectar "a voluntariedade como principio fundamental".

Rosa Conde afirmou que o departamento de Recursos Humanos iniciou "un proceso de entrevistas a compañeiros, principalmente de estruturas de servizos centrais e estrutura intermedia".

Aínda que os traballadores "non teñen ningunha intención de solicitar a baixa", a empresa estar a convidar "a marchar, incluso dicíndolles que o Banco non conta con eles", remarca o sindicato.

Trátase de entrevistas que "se repiten de forma consecutiva" e ás que os traballadores "non poden acceder" acompañados de representantes sindicais.

A CIG sostén que este colectivo "constitúe un número reducido de traballadores", polo que habería "posibilidade de recolocar a todos aqueles que non queiran saír do banco, porque a rede comercial é ampla e está moi necesitada de efectivos".

O sindicato, que non asinara o ERE que supón o despedimento de 271 traballadores en Galicia, considera que a empresa obtén "beneficios multimillonarios" e aplica "prolongacións indebidas de xornada" de forma "habitual".

Por iso, advirte de que "non vai permitir que ningunha persoa sexa obrigada a renunciar ao seu posto de traballo" e continuará coas mobilizacións "o tempo que faga falta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta