Constitúen en Galicia unha plataforma a favor da República “e o dereito a decidir”

Coincide cos 50 anos da designación de JuanCarlos I como sucesor do dictador Franco.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/07/2019 | Actualizada ás 09:24

Comparte esta noticia

Galiza pola República e polo dereito a decidir”. Ese é o nome que levará unha plataforma cívica que xorde tras a asemblea celebrada o mércores pola noite na Coruña convocada por  Manuel Monge, Nicanor Acosta e Manuel Villares, membros do colectivo de presas e presos políticos na ditadura.

Mensaxe de Juan Carlos I de España
Mensaxe de Juan Carlos I de España

O nacemento desta plataforma coincide cos 50 anos (1969-2019) da designación de Juan Carlos I como sucesor do ditador Franco. “Tomamos como referencia a exitosa manifestación unitaria que celebramos hai cinco anos na Coruña, coa participación de máis de 3.000 persoas, despois da abdicación do rei Juan Carlos, que foi convocada por un numeroso grupo de entidades, despois da celebración dunha asemblea aberta convocada pola CRMH”, apuntan os impulsores nun comunicado.

De feito, a plataforma leva o nome do manifesto que se leu nesa manifestación e na que se reclamaba o dereito a decidir “das nacións do Estado” sobre o modelo político-institucional territorial e escoller a forma dese estado. 

As primeiras actividades desta plataforma será unha concentración no Obelisco da Coruña o 23 de xullo ás 19 horas, que rematará cunha lectura colectiva do texto do citado folleto. Tamén se acordou editar un folleto con información sobre o proceso que culmina o 23 de xullo de 1969 “cando Juan Carlos xuraba perante as Cortes fidelidade a Franco e aos principios do Movemento Nacional”.  Ademais, celebrarase un ato público en setembro coa participación de historiadores sobre o modelo de estado.

Finalmente, a nova plataforma tamén impulsara unha consulta popular sobre Monarquía ou República e presentará unha moción no pleno municipal de outubro, tomando como referencia as que xa foron aprobadas noutros concellos.  Entre estes municipios está o de Pamplona, que o 5 de xuño de 2014, cos votos a favor de PSN-PSOE, Bildu, Nafarroa Bai, Izquierda-Ezquerra, aprobou unha moción na que “se insta a la celebración de un referéndum, bajo la fórmula legal oportuna, para que los ciudadanos se pronuncien sobre si optan por la República o la Monarquía como modelo de organización del Estado”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta