A alcaldesa da Coruña ve "boa noticia" o acordo de Alcoa pero pide "prudencia" ata ter máis información

"Espero que proximamente teñamos un Goberno en Madrid para que o Consello de Ministros aproba xa ese estatuto electrointensivo que está preparado", engade Rey.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/07/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou de "boa noticia" o acordo que os sindicatos alcanzaron con Alcoa para a venda das plantas de Avilés e A Coruña ao fondo suízo Parter, pero pide "prudencia" ata ter máis información por parte da empresa.

"É unha boa noticia, en principio", respondeu a alcaldesa tras ser preguntada durante unha rolda de prensa para dar a coñecer o acordo programático alcanzado entre o PSOE e a Marea Atlántica.

De todos os xeitos, a rexedora pediu tomarse o acordo de Alcoa "con total prudencia", á espera de que se vaia obtendo máis información da empresa.

"Espero que proximamente teñamos un Goberno en Madrid para que o Consello de Ministros aproba xa ese estatuto electrointensivo que está preparado", engade Rey.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña
Inés Rey, alcaldesa da Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta