O PSdeG cualifica de "intercambio de cromos fracasados" os cambios nas xerencias sanitarias de Vigo e Ourense

Villares acusa a Feijóo de "covardía" e a deputada Eva Solla asegurou que a Xunta debe explicar o traslado do "xerente imputado" da área de Vigo á área de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou o "intercambio de cromos fracasados" nas xerencias de Vigo e Ourense e sinalou que esta manobra evidencia que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é "incapaz" de xestionar a sanidade pública.

Nun comunicado remitido aos medios, Gonzalo Caballero denunciou os "malos tratos" de Feijóo a Ourense ao asegurar que "despois de impor un alcalde que el mesmo cualificou de "letal" para a cidade, agora sitúa á fronte da sanidade pública da zona ao "xerente coa marca de manifestantes".

Deste xeito, o líder dos socialistas galegos recordou as "históricas mobilizacións" da cidadanía de Vigo en contra da xestión sanitaria de Feijóo e Félix Rubial, así como as folgas nos distintos servizos e dimisións da práctica totalidade dos responsables de centros de saúde da cidade.

De feito, o dirixente socialista interpretou a saída de Rubial como "un recoñecemento de culpa" de Feijóo que, segundo indicou, "chega tarde" cando a cidadanía xa está "farta" dunha política sanitaria baseada en "recortes e privatizacións".

CRÍTICAS DE VILLARES E EVA SOLLA

Noutro comunicado remitido aos medios, o portavoz orgánico de En Marea e do Grupo Mixto, Luís Villares, considerou o cambio como "unha operación cosmética claramente decepcionante". "Estamos ante un acto de covardía política do presidente Feijóo", manifestou Villares, que insiste en que este intercambio de caras nas EOXIs de Vigo e Ourense "non soluciona a grave situación na que está a Atención Primaria en Galicia".

Por outra banda, a deputada de En Marea, Eva Solla, asegurou que a Xunta debe explicar o traslado do "xerente imputado" da área de Vigo á área de Ourense. "Félix Rubial debería dimitir polos casos de Hepatite C pero en cambio a Xunta prémiao coa xerencia de Ourense", censurou.

Chegada aos xulgados dos dous cargos do Sergas investigados pola hepatite C. Europa Press - Archivo
Chegada aos xulgados dos dous cargos do Sergas investigados pola hepatite C. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Os políticos o único que fixeron ata hoxe foi darlle á lingua pero se non fora polos 25 xefes de servizo demisionarios (que se xogan as súas carreiras profesionais) e que tiveron que constituirse en Plataforma (para quitarse de enriba aos sindicatos vendidos!) para poder montar a última FOLGA con exito evidente ... todo seguiría igual que sempre: desviando millóns á privada e dasfacendo a Sanidade Pública (mentras tanto ele cobrando a nómina no Pazo do Hórreo con grupo mixto e todo...) // Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk ADIANTE ATENCIÓN PRIMARIA !!!