Temas: XUNTA DOG RENDA

Aberto o prazo para inscribirse en 15 prazas de bolseiros nas residencias xuvenís da Xunta

Tal e como indica o Goberno galego nun comunicado, os beneficiarios disporán de "aloxamento e manutención gratuítas" e, a cambio, "desenvolverán labores de dinamización nos centros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2019 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Un total de 15 estudantes de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos poderán optar desde este sábado ás prazas de bolseiros nas residencias dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019-2020.

A Dirección Xeral de Xuventude da Xunta abriu o prazo de presentación de solicitudes despois de ser publicada no DOG a convocatoria o venres. Os estudantes teñen, desde este sábado, un mes para presentar as súas solicitudes --preferiblemente por vía electrónica a través da Xunta de Galicia--.

Tal e como indica o Goberno galego nun comunicado, os beneficiarios disporán de "aloxamento e manutención gratuítas" e, a cambio, "desenvolverán labores de dinamización nos centros".

Durante o curso, terán que levar a cabo tarefas relacionadas, principalmente, coa dinamización dos centros en actividades de información xuvenil, biblioteca, informática ou deporte, entre outras. Todos eles, aclara a Xunta, contarán coa asistencia dun titor que coordine e dirixa as funcións que desempeñen.

Así, seis desas 15 prazas corresponden ao centro Altamar, de Vigo; cinco á residencia Florentino Cuevillas, en Ourense; e o catro restantes ao centro residencial xuvenil LUG2, de Lugo.

Os requisitos para optar a unha destas prazas son os seguintes: ter polo menos 18 anos e menos de 30; cursar estudos universitarios, superiores en ensinos artísticos ou un ciclo formativo relacionado coas actividades a desenvolver; e a renda media da súa familia non debe superar o 150% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem).

Campamento de verán, visita á Biblioteca de Redondela
Campamento de verán, visita á Biblioteca de Redondela | Fonte: Flickr

Temas: XUNTA DOG RENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta