Ferido grave un condutor atropelado por un camión cando cambiaba unha roda na autovía A-52 en Allariz

O home saíu despedido a causa do impacto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2019 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Un condutor dun turismo resultou ferido grave ao mediodía deste sábado tras ser atropelado por un camión cando cambiaba unha roda na autovía A-52 á altura de Allariz.

Segundo informa o 112 Galicia, o accidente produciuse á altura do punto quilométrico 208 da A-52, na parroquia de Santa María de Meire. Varios particulares avisaron ao 112 Galicia de que o home saíra despedido a causa do impacto.

Ata o lugar enviouse a unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido a un centro hospitalario. Tamén foron avisados, entre outros, Garda Civil e bombeiros de Xinzo.

Autovía A-8. EUROPA PRESS - Archivo
Autovía A-8. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta