Atopan falecida a unha muller de 82 anos nunha praia de Neda, sen aparentes signos de violencia

A zona de praia á que acudira a bañarse está dentro da ría e é de augas tranquilas, segundo precisaron desde Protección Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2019 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dunha muller de 82 anos, veciña de Neda, foi localizado na noite deste sábado nunha pequena zona de praia da localidade, preto do Pazo da Merced, sen aparentes signos de violencia.

Segundo informou Protección Civil a Europa Press, a muller, que vivía soa na zona próxima á estación, quedara cunha veciña coa que adoitaba saír a pasear. Comentáralle que tiña pensado ir á praia darse un baño antes de saír a camiñar.

Pero ás sete da tarde, a anciá non se achegou ao lugar no que quedaran, preto do Pazo da Merced, polo que a súa compañeira alertou ás forzas de seguridade. Os membros de Protección Civil da localidade puxéronse en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, 112, para informar que comezaran a colaborar nun operativo de procura da muller.

Ademais da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, informouse tamén ao GES de Mugardos por se fose necesaria a súa colaboración. Tamén interveu na procura a Garda Civil.

Finalmente, os membros de Protección Civil atoparon o corpo xa sen vida da muller na zona da praia, ao redor das 23,00 horas. As forzas de seguridade tratan de aclarar as circunstancias do suceso. A zona de praia á que acudira a bañarse está dentro da ría e é de augas tranquilas, segundo precisaron desde Protección Civil.

Unha praia. ASOCIACION CHIRINGUITOS - Arquivo
Unha praia. ASOCIACION CHIRINGUITOS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta