Un xardín galego de inspiración indiana recibe a medalla de prata nunha feira de Londres

Baixo o título de 'O soño dos indianos', Galicia presentou durante toda esta semana un xardín de 130 metros cadrados que rende homenaxe aos emigrantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2019 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou este domingo o certame e feira floral anual Hampton Court Palace Flower en Londres no que se recreou un xardín galego de inspiración indiana que recibiu a medalla de prata.

Baixo o título de 'O soño dos indianos', Galicia presentou durante toda esta semana un xardín de 130 metros cadrados que rende homenaxe aos emigrantes cun "gusto estético de inspiración colonial" e tamén polo seu compromiso coa "súa terra de orixe e xenerosidade filantrópica", segundo explicou a Xunta a través dun comunicado.

O xardín está composto por diferentes especies florais tales como a camelia xapónica, magnolias, diferentes variedades de tulla, hortensias ou palmeiras, entre outras. Para iso, tomouse como referencia diferentes emprazamentos de localidades como Viveiro ou Ribadeo, coa súa Festa dos Indianos, así como de Betanzos ou Cee.

Esta é a cuarta vez que unha proposta presentada pola Consellería de Cultura e Turismo obtén recoñecemento, despois de que o ano pasado participase con 'Rías de Galicia', un xardín de inspiración mariñeira, o ano anterior con 'O xardín segredo do Pazo' e 'A Ruta da Camelia' en 2016, que recibiu un premio na máxima categoría.

APOIO DO GOBERNO AUTONÓMICO

O Goberno autonómico aposta por "pór en valor no ámbito internacional varios dos recursos singulares de Galicia", como o patrimonio artístico, botánico e tamén na cultura asociada ao turismo mariñeiro.

A Xunta participa este ano nesta feira cun espazo compartido con Turespaña no que, ademais de mostrar o xardín galego, dispón dunha zona de información turística e de atención ao visitantes.

A Hampton Court Palace Flower Show é unha das feiras anuais de xardíns e exposición de flores máis grandes do mundo, que ocupa un espazo de 33 hectáreas. Na pasada edición foi visitada por máis de medio millón de persoas interesadas nos xardíns e en viaxar buscando "recursos naturais e botánicos" do destino.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou este domingo o certame e feira floral anual Hampton Court Palace Flower en Londres no que se recreou un xardín galego de inspiración indiana que recibiu a medalla de prata.. XUNTA DE GALICIA
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou este domingo o certame e feira floral anual Hampton Court Palace Flower en Londres no que se recreou un xardín galego de inspiración indiana que recibiu a medalla de prata.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta