Sindicatos denuncian que o traslado de funcionarios deixa a prisión da Lama en "precario"

Aqueles postos que estaban cubertos por persoal en prácticas quedan baleiros porque "nin un só deles poderá optar a permanecer na Lama".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2019 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Os sindicatos UGT, CCOO, Acaip, CIG, CSIF e ATP denunciaron que o traslado dos funcionarios en prácticas en pleno verán deixou á prisión da Lama en "situación precaria". A través dun comunicado, lembraron que, segundo os seus datos, a prisión presenta unha "perentoria falta de persoal", que "repercute nun menoscabo da seguridade e unha maior carga de traballo".

En concreto, sinalan que a falta de persoal nas áreas de vixilancia cífrase en máis "de cincuenta prazas", o que obriga a que "módulos conflitivos" nos que sería preceptiva a presenza de dous funcionarios estean vixiados só por un.

Nesta situación, os sindicatos lembran que tras transmitir as queixas á nova dirección do centro, incorporáronse á Lama un total de 21 efectivos da nova promoción de 2018, para continuar a súa formación.

Pero finalizado este período, esta semana o Centro directivo comunicoulles que debían elixir destino para seguir coas súas prácticas, pero "nin un só deles poderá optar a permanecer na Lama".

Ante isto, os sindicatos denuncian a "absoluta falta de previsión e a incomprensible desconsideración" co cárcere pontevedrés e falan de "un despropósito" que "ocasiona graves inconvenientes".

Prisión da Lama, en Pontevedra. EUROPA PRESS - Archivo
Prisión da Lama, en Pontevedra. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta