Leiceaga urxe á Xunta aumentar o persoal de profesionais para aplicar o servizo de hospitalización a domicilio

Destaca que o suposto incremento de 2.300 profesionais desde 2009 que anunciou Feijóo "non existe".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2019 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou á Xunta que incremente o persoal de profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para poder aplicar a ampliación da hospitalización a domicilio anunciada este luns polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

Así o pediu Leiceaga nunha rolda de prensa tras coñecerse que o Consello aprobará este xoves o Plan galego de Hospitalización a Domicilio 2019-2023, que dará cobertura ao 100% do territorio galego e funcionará o sete días da semana.

Neste sentido, o portavoz socialista advertiu que esta decisión do Executivo autonómico sen aumentar o número de traballadores suporá "máis presión sobre outra parte dos servizos sanitarios". Ademais, sinalou que o suposto incremento de 2.300 profesionais desde 2009 que anunciou Feijóo "non existe" nin nas previsións orzamentarias da Xunta, nin nos rexistros de traballadores públicos do goberno central.

Por tanto, reclamou persoal para substituír as vacacións nos centros de saúde ou Atención Primaria, así como as baixas, as xubilacións de pediatras, porque "hai que reformar a sanidade, pero tamén hai que atender as necesidades básicas do sistema actual".

O portavoz parlamentario dos socialistas galegos, Xoaquín Fernández Leiceaga.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
O portavoz parlamentario dos socialistas galegos, Xoaquín Fernández Leiceaga.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta