Internos da Lama participaron nun taller de escultura en pedra impartido por un mestre canteiro

O curso arrincou no mes de febreiro e tivo unha duración de 220 horas. Ademais de iniciar aos participantes no tratamento da pedra, a actividade formativa pretendía profundar na relación entre a cantaría e a escultura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Once internos do centro penal da Lama (Pontevedra) participaron ao longo dos últimos meses nun taller de escultura en pedra impartido por un mestre de cantaría da Escola de Cantaría. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiu este luns ao acto de clausura da iniciativa, impartida polo mestre canteiro Manuel Varela baixo o título 'Elaboración de obras en pedra natural'.

Alí, Silva felicitou aos participantes --dúas mulleres e nove homes-- por "seguir potenciando" a súa formación "como mostra do que queren construír", segundo informa o ente provincial nun comunicado. Así mesmo, resaltou o "positivo balance" dunha experiencia centrada nunha profesión, a cantaría, "que permite desenvolver a creatividade e estar en contacto con algo tan noso como a pedra, o granito".

O curso arrincou no mes de febreiro e tivo unha duración de 220 horas. Ademais de iniciar aos participantes no tratamento da pedra, a actividade formativa pretendía profundar na relación entre a cantaría e a escultura.

Prisión de A Lama
Prisión de A Lama | Fonte: blogcarcelalama.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta