Un home é arrastrado por unha enchenta ocorrida logo dunha treboada en Monterrei

Os feitos aconteceron en Guimarei, no concello ourensán. Fontes que contactaron con Galicia Confidencial din que foi rescatado vivo por uns veciños.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 08/07/2019 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

Un home de preto de 80 anos foi arrastrado pola forza dunha enchenta en Guimarei, concello de Monterrei, segundo informaron fontes que se puxeron en contacto con Galicia Confidencial. 

Treboada
Treboada

O suceso tivo lugar esta tarde logo que as escorrentías comezasen a encher repentinamente os cursos de auga. Descoñécese polo de agora en que circunstancias aconteceron os feitos. Non obstante, as fontes indican que o ocorrido pode ser consencuencia dos lumes que sufriu Monterrei hai uns anos. Isto fai que as correntías de auga aumenten o seu volume e forza, levando candasí todo o material que teñen por diante. 

As fontes que contactaron con GC din que o home foi rescatado vivo por uns veciños que o atoparon atrapado nas pedras dunha veiga tras ser arrastrado pola enchenta. Foi trasladado en helicóptero ao hospital de Ourense con hipotermia e diversas contunsións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta