Dous detidos por roubos con intimidación en catro gasolineiras de Teo, Padrón e Ames

Estes feitos xeraron unha "gran alarma" nos establecementos semellantes da zona, tal e como relata a Garda Civil, debido ao curto período de tempo no que se cometeron os roubos e debido ao perigo da forma empregada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Noia detivo a un veciño de Teo e a outro de Rois como presuntos autores de catro delitos de roubo con intimidación ocorridos en catro gasolineiras: unha en Teo, outra en Ames e dúas en Padrón.

Segundo informa a Benemérita, os feitos ocorreron entre os pasados xoves e sábado. O modus operandi era sempre o mesmo, con ambos os individuos chegando á estación de servizo nunha motocicleta de alta cilindrada, ameazando ao empregado cun coitelo e roubándolle a recadación.

Estes feitos xeraron unha "gran alarma" nos establecementos semellantes da zona, tal e como relata a Garda Civil, debido ao curto período de tempo no que se cometeron os roubos e debido ao perigo da forma empregada.

A Policía Xudicial que investigou os feitos solicitou a colaboración das Unidades de Seguridade Cidadá da Garda Civil e da área de Investigación do posto de Milladoiro. Tamén se activou a coordinación co Corpo Nacional de Policía.

O transcurso da operación permitiu a detención dos presuntos autores e a recuperación tanto da motocicleta utilizada para os desprazamentos como do coitelo co que ameazaban aos dependentes.

Os detidos, as actuacións realizadas e os efectos incautados foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Padrón, que decretou o ingreso en prisión dos detidos.

Gasolineira.
Gasolineira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta