Detido por denunciar que dous homes "disfrazados de pitos amarelos" lle roubaran o móbil

A Policía comprobou que se tratou dunha falsa denuncia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/07/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron en Ourense a un mozo como presunto autor dunha simulación de delito ao denunciar o falso roubo do seu teléfono móbil por parte de dous individuos disfrazados de pitos amarelos.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos tiveron lugar o 12 de febreiro cando se personou en dependencias policiais un mozo para presentar denuncia polo supostamente ocorrido o día anterior ás 6,30 horas. Segundo manifestou, "dous individuos disfrazados de pitos amarelos ameazarono na vía pública, mentres un o suxeitaba por detrás, para quitarlle o seu teléfono móbil", valorado en 1.159 euros, relataron as mesmas fontes.

Axentes do Grupo de UDEV realizaron labores de investigación para o esclarecemento do feito delituoso e chegaron á conclusión de que "nunca lle subtraeron o teléfono e que continuaba utilizándoo", destaca a Policía.

Na mañá deste xoves 11 de xullo os policías mobilizados procederon á súa localización e detención, tras o que foi trasladado a dependencias policiais para continuar coas xestións. Os axentes localizáronlle o teléfono móbil entre a súa roupa ao realizarlle un cacheo superficial corporal.

O detido foi identificado como un mozo de 25 anos de idade natural de Ourense, ao que non lle constan antecedentes. Quedou en liberdade en dependencias policiais.

Dizfraz de Entroido de pito amarelo
Dizfraz de Entroido de pito amarelo | Fonte: carrefour.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta