A música tradiciona une a mozos mozos italianos e galegos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2019 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Un intercambio xuvenil dá a coñecer a música tradicional galega a mozos e mozas italianos --de Gavoi (Sardeña)-- e achégaos "á riqueza natural, patrimonial e cultural" do municipio coruñés de Boqueixón, que acolle esta iniciativa.

A reunión entre mozos galegos e italianos leva por nome 'Patrimonio con Sentido', xa deu comezo e terá lugar ata o vindeiro xoves, 18 de xullo, segundo informou o propio Concello nun comunicado.

O acto de presentación foi presidido polo rexedor de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e desde a alcaldía convidaron aos veciños a participar, para iso deben porse en contacto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Boqueixón acolle un intercambio xuvenil de mozos e mozas italianos para dar a coñecer a música tradicional galega. NÓS COMUNICACIÓN
Boqueixón acolle un intercambio xuvenil de mozos e mozas italianos para dar a coñecer a música tradicional galega. NÓS COMUNICACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta