O secretario xeral de Emigración convida os galegos desprazados a "celebrar con orgullo" o Día da Patria Galega

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, convidou aos galegos que viven en territorio nacional e internacional a "celebrar con orgullo e con espírito de unidade" o Día de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2019 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

Así o manifestou na precelebración do Día da Patria Galega, que se conmemorou este sábado no centro galego de Alacante e que é unha das entidades da Comunidade de referencia no resto do territorio nacional.

Este tipo de celebracións "ten cada vez máis forza", indica a Xunta, nas institucións territoriais galegas, que dedican parte das súas actividades culturais e sociais a conmemorar este día.

En concreto, o centro alacantino ofrece clases de percusión, de baile, de costura do traxe tradicional galego e organiza eventos como o 'Encontro de Gaitas', que este ano celebrará a súa segunda edición.

Neno coa súa nai no Día da Patria Galega
Neno coa súa nai no Día da Patria Galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta